I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 268 [= LPGP 100]); Lopes (2002: 116); Negri (2012: 156); Littera (2016: I, 65).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 165); Braga (1878: 84); Machado & Machado (1953: IV, 184); Montero Santalha (2004).
2 senhor] ssenor B 3 eu] en V; graceria] graçeria B : grazeria V
3 ca inda] c’ainda Lopes 4 nunca ouvera] nunc(a) ouvera Nunes : nunc’houvera Littera
(I) Agora entendo eu que era acertado canto me dicía a miña señora: que aínda eu lle agradecería moito aquilo polo que eu nunca lle mostrara recoñecemento, por amala e servila de balde, tal como fixo agora Sancha Garcia, que me fixo tornar cando eu me ía.
Esquema métrico: 9’a 9’b 9’a 9’b 9’b 9’a 9’a (= RM 80:1)
Encontros vocálicos: 1 Ora‿entend’; 4 nunca‿ouvera
Esta composición é, probabelmente, incompleta: parece estrofa dunha cantiga de escarnio, tal como apunta o seu contido.
A cantiga de Paez de Braga parece inspirarse no escarnio se m’el-rei dess’algo ja m’iria, de Lopo Lias (UC 1372), de que toma a métrica, as rimas e o aparecemento do nome da dona no texto (véxase González 2012e: 225).
A forma reducida inda do adverbio ainda, en xeral precedida de ca1
, atéstase por veces no corpus (67.21, 68.12, 1093.3, 1099.13), a convivir coa maioritaria ainda e a esporádica einda (cfr. nota a 70.9). En calquera caso, a autonomía métrica de ca impide unha crase c’ainda, proposta na edición de Lopes.
Por outra banda, e se non for un erro de copia, é de notar a variante fonética graceria, do verbo gracir, forma con disimilación a partir de graciria (presente en 663.5 e 7).