I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 299-300); Stegagno Picchio (1968: 134 [= LPGP 621]); Littera (2016: II, 96-97).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 174-174); Braga (1878: 90); Machado & Machado (1953: IV, 232).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 58); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 130).
7 non] no V 10 fremosa] fermosa B; todo] cedo V; sabedor] e sabedo B 13 u] du V 17 trobo] trobe BV
9 vos] vus Stegagno Picchio 10 fremosa] fremos(a) Nunes : fermosa Stegagno Picchio 11 vos] vus Stegagno Picchio 17 trobo] trob(o) Nunes : trob’ Stegagno Picchio
(I) Amor, ben me podo louvar de vós pola señora que me facedes amar; mais, segundo o meu xuízo, debo queixarme dunha cousa: onde non falta mesura nin piedade, nin outro ben, a min non me vale de nada a mesura nin a piedade nin outra cousa.
(II) Agradézovos que me destes unha señora fermosa, e coñecedora de todo ben; mais, pois ma destes, pésevos, Amor, do que me acontece: onde non falta mesura nin piedade, nin outro ben, a min non me vale de nada a mesura nin a piedade nin outra cousa.
(III) Amo eu e trobo e sirvo esta dona, a máis non poder, para obter o seu ben; mais, cando lle veño dicir a coita en que me ten, onde non falta mesura nin piedade, nin outro ben, a min non me vale de nada a mesura nin a piedade nin outra cousa.
Esquema métrico: 3 x 10a 10a 10a 4b 10C 4B 10C 4B (= RM 24:1)
Encontros vocálicos: 10 fremosa‿e; 11 mi͜-a; 12 mi‿aven; 17 trobo‿e sér·vi’,‿a