I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 309-310); Stegagno Picchio (1968: 196 [= LPGP 629-630]); Littera (2016: II, 102-103).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 177); Braga (1878: 92); Machado & Machado (1953: IV, 245).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 56); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 53); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 133).
4 vos] uos oussem BV; ren] irem B : trem V 5 en] eu V 6 cousa] coussa BV; razon] rraçom V 7 d’omen] Oomen B; cantar] tantar V 8 guisa] gessa BV 9 a non] mīo B : āno V; ren] nem V; encobrir] encobrar B 10 terra cuido] ur̄a cuydado B 11 entenda] sentendam B 12 e] Et B; gente] agente B; cuido] cuide BV 13 e] et V 14 o meu] comen B : ameu V; onde] oude B
1 m’é [de] dizer] m[e] é dizer Nunes, Stegagno Picchio 5 pero] per(o) Nunes; ei] om. Littera; cantando] cantand(o) Nunes 10 cuido] cuid(o) Nunes 12 cuido] cuid’ Nunes, Stegagno Picchio 14 entenda] entend(a) Nunes
(I) Que gran dor me causa dicir no cantar as graves coitas que sufro! Vexo a miña morte, que me ha de matar, en vós e non ouso dicirvos nada sobre iso, pero hei de dicilo cantando e con son, aínda que me semella unha cousa irracional (o feito) de un home, con coita de morte, cantar.
(II) E pois a miña coita é tal que non a podo ocultar de ningún modo, en tal terra penso eu vivir que entendan ben o meu mal, en verdade, e a tal xente lle penso eu cantar e dicir o son, cando con ela (a xente) falar, para que entenda ben onde radica o meu mal.
Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10b (I [= RM 163:5]) + 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (II [= RM 161:65])
Encontros vocálicos: 3 mi‿á; 5 pero‿ei, cantando‿e; 10 cuido‿eu; 12 cuido‿eu; 14 entenda‿o
A sintaxe e a métrica solicitan a reintegración de unha sílaba métrica que necesariamente ten de ser, pola usual sinalefa de me coa voz seguinte iniciada por vogal (cfr. a opción m[e] é dos anteriores editores, agás Lopes e Littera), a preposición de, con omisión de fácil explicación paleográfica e con encaixe sintáctico para formar a perífrase (obrigativa ou de futuro) seer + de + infinitivo (véxase Glosario, s.v. seer). Cfr., ademais, expresións moi similares no corpus: Ai Deus, que grave coita de sofrer (206.1); que grave coita, senhor, d’endurar! (1126.5).
A secuencia <r-l> (e <s-l>) en que está implicada a forma arcaica lo(s) ~ la(s) do pronome identificador (pronome ou artigo) no encontro con infinitivos (dizer-lo) debe ser lida como [l], independentemente de que a grafía presente a forma máis antiga. Véxase nota a 5.10.
Por outra parte, pola sinalefa pero‿ei, non existe xustificación ecdótica para a omisión de ei en Littera.
O contexto solicita considerar concesiva a conxunción que, tal como acontece ao longo do corpus en contextos diversos (véxanse contextos diversos en UC/Glosario, s.v. que4, uso 4).
A locución adverbial modal a la fe ‘certamente, en verdade, sen dúbida’, presenta a variante a la minha fe (533.15) e é similar a a bõa fe (1319.6 e 13) e a per bõa fe, a fórmula maioritaria no corpus. Esta locución, que mantén petrificada a forma arcaica do artigo, é frecuente na poesía, tanto nas cantigas profanas (230.5, 241.29, 1008.4, 1261.16, 1469.19, 1499.5, 1547.1, 1619.10) como nas Cantigas de Santa Maria (véxase CGPA, s.v.). A súa aparición na prosa é esporádica; véxase na tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España:
quando os yrmãos viu descabeçados ante sy, entẽdeu que assy yriã ata el, a la fe, et assi sse acabaria (Lorenzo 1975: I, 198).
O seu uso chega como mínimo ao século XV, pois aínda se rexistra en Fernão Lopes:
A lla fe, disserom, se nom buscaremos nós outro que rreine sobre nós, que tenha cuidado de manteer o poboo em dereito e em justiça e nom leixe as cousas que tem de fazer de sua fazenda por hir ao monte e aa caça andar um mes (Crónica de D. Fernando; Macchi 2004: 224).
O pronome ela fai referencia á gente (v. 12).