912 [= RM 143,1]
A dona que eu quero ben

A dona que eu quero ben
tal sabor ei de a veer
que non saberia dizer
camanh’é, pero non é sén,
poi-la end’eu máis desejo
sempre cada que a vejo.
Pero que oje no mund’al
[qu]e tanto deseje non á
como d’ir u a possa ja
veer, non a veer máis val,
poi-la end’eu máis desejo
[sempre cada que a vejo].
Se a non vir, non averei
[nunca] de min nen d’al sabor;
se a vir, averei maior
coita; mais, por que o farei,
poi-la end’eu [máis desejo
sempre cada que a vejo?]
Esto soo non é d’oir:
que eu ja sempr’esta molher
non veja cada que poder,
pero devia-lh’a fogir,
poi-la end’eu máis desejo
[sempre cada que a vejo].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 910, V 497

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 330-331 [= LPGP 893]); Arias Freixedo (2010: XIV); Littera (2016: II, 445-446).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 182); Braga (1878: 95); Machado & Machado (1953: IV, 264).
III. Antoloxías: Gutiérrez (2023: 39, 261).

Variantes manuscritas


4 é sén] seu V   7 mund’al] mnndal B   8 [qu]e] E B : a V   9 u a] huā V   10 non a] noua B   14 [nunca]] <...> B : que V

Variantes editoriais


14 [nunca]] já Nunes

Paráfrase


(I) Teño un desexo tal de ver a dama que eu amo que non sabería dicir o grande que é, mais non é razoábel, pois eu deséxoa sempre máis cada vez que a vexo.

(II) Aínda que hoxe non hai no mundo outra cousa que eu tanto desexe como ir xa a onde a poida ver, máis vale non a ver, pois eu deséxoa sempre máis cada vez que a vexo.

(III) Se non a vir, non sentirei nunca satisfacción de min nin de nada; se a vir, terei unha coita maior; mais, por que o farei, pois eu deséxoa sempre máis cada vez que a vexo?

(IV) Isto só non está en cuestión: que eu xa por sempre non vexa esta muller cada vez que puider, aínda que lle debía fuxir, pois eu deséxoa sempre máis cada vez que a vexo.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 7’C 7’C (= RM 160:405)

Notas


Texto
  • 4

    A voz camanho, que ten un significado conforme á súa orixe no lat. quam magnum ‘que grande, tan grande’, funciona como un adxectivo cualificativo na lingua medieval, e nunha ocasión forma estrutura correlativa con tamanho (<tam magnum):

    Non creo que tamanho ben
    mi vós podessedes querer 
    camanh’a mí ides dizer (594.7-9).

  • 8

    Eis a primeira dificultade ecdótica na edición desta cantiga, que resolvemos por medio do relativo que, restaurábel sen dificultade a partir da lección de B. Véxase un caso similar ([qu]e <e> BV) en 1215.15.

  • 14

    Perante a lacuna de B no inicio do verso e a aparición de <que> en V, que non encaixa nin resolve metricamente o verso, é precisa unha emenda que necesariamente ten de cubrir dúas sílabas (cfr. a hipótese de Nunes, , hipométrica): nunca satisfai a métrica e o sentido por máis que non se perciba explicación paleográfica para a lección de V, copista interventivo e por veces afastado da verdadeira lección. Ademais, véxase a mesma construción en Pero Viviaez: ... u a non vir prazer / de mí nen d’al nunca cuid’a veer (428.r).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado