I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 330-331 [= LPGP 893]); Arias Freixedo (2010: XIV); Littera (2016: II, 445-446).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 182); Braga (1878: 95); Machado & Machado (1953: IV, 264).
III. Antoloxías: Gutiérrez (2023: 39, 261).
4 é sén] seu V 7 mund’al] mnndal B 8 [qu]e] E B : a V 9 u a] huā V 10 non a] noua B 14 [nunca]] <...> B : que V
14 [nunca]] já Nunes
(I) Teño un desexo tal de ver a dama que eu amo que non sabería dicir o grande que é, mais non é razoábel, pois eu deséxoa sempre máis cada vez que a vexo.
(II) Aínda que hoxe non hai no mundo outra cousa que eu tanto desexe como ir xa a onde a poida ver, máis vale non a ver, pois eu deséxoa sempre máis cada vez que a vexo.
(III) Se non a vir, non sentirei nunca satisfacción de min nin de nada; se a vir, terei unha coita maior; mais, por que o farei, pois eu deséxoa sempre máis cada vez que a vexo?
(IV) Isto só non está en cuestión: que eu xa por sempre non vexa esta muller cada vez que puider, aínda que lle debía fuxir, pois eu deséxoa sempre máis cada vez que a vexo.
Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 7’C 7’C (= RM 160:405)
A voz camanho, que ten un significado conforme á súa orixe no lat. quam magnum ‘que grande, tan grande’, funciona como un adxectivo cualificativo na lingua medieval, e nunha ocasión forma estrutura correlativa con tamanho (<tam magnum):
Non creo que tamanho ben
mi vós podessedes querer
camanh’a mí ides dizer (594.7-9).
Eis a primeira dificultade ecdótica na edición desta cantiga, que resolvemos por medio do relativo que, restaurábel sen dificultade a partir da lección de B. Véxase un caso similar ([qu]e <e> BV) en 1215.15.
Perante a lacuna de B no inicio do verso e a aparición de <que> en V, que non encaixa nin resolve metricamente o verso, é precisa unha emenda que necesariamente ten de cubrir dúas sílabas (cfr. a hipótese de Nunes, já, hipométrica): nunca satisfai a métrica e o sentido por máis que non se perciba explicación paleográfica para a lección de V, copista interventivo e por veces afastado da verdadeira lección. Ademais, véxase a mesma construción en Pero Viviaez: ... u a non vir prazer / de mí nen d’al nunca cuid’a veer (428.r).