918 [= RM 94,10]
Maestr’Acenço, dereito faria

Maestr’Acenço, dereito faria
el-rei de vos dar mui boa soldada
porque fezestes ũa cavalgada,
sen seu mandad’, a Roda noutro dia:
sen sa ajuda e sen seu dinheiro
fostes ala matar un cavaleiro
porque soubestes que o desservia.
E, se el-rei fos[s]e ben conselhado,
maestr’Acenço, daquestes dinheiros
que lh’o demo leva nos cavaleiros,
parti-los-ia vosco, per meu grado,
ca non foi tal que a Roda entrass’e
que cavaleiro da vila matasse
senon vós, que iades desarmado.
E do serviço que lh’avedes feito,
maestr’Acenço, non vos enfadedes:
tornad’ala e ben barataredes,
e matad’outro quando virdes jeito,
ca, se el-rei sabe vossa demanda
e ouver paz deste execo en que anda,
arcediagõo sedes logo feito.
E diss’el-rei, noutro dia estando
u lhe falaron en vossa fazenda,
que vos quer dar Ardon en encomenda
porque dizen que sodes do seu bando;
mais, se i jouver algũu omen fraco,
dos vossos poos levad’un gran saco,
e ir-si-lh’-á o castelo livrando.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscritos


B 916, V 503

Edicións


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 425-426); Stegagno Picchio (1968: 210-211 [= LPGP 625-626]); Lopes (2002: 297); Littera (2016: II, 103-104).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 183-184); Braga (1878: 96); Michaëlis (1990 [1904]: II, 472-473); Machado & Machado (1953: IV, 272-273).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 306); Alvar & Beltrán (1989: 332); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 57); Marcenaro (2006: 272-274).

Variantes manuscritas


1 Acenço] açenzo V   3 fezestes] feçestes V   5 ajuda] auida V; e] et B; dinheiro] d’r B : dr̄ V   8 el-rei] ellrey V   9 Acenço] aţēço B : aţēţo V; dinheiros] dr̄o B : dr̄s V   10 cavaleiros] cauỻos B : caull’os V   11 parti-los-ia] Partillos hya B : partillos hya V   12 Roda] ceda B; entrass’e] contra sse V   13 cavaleiro] cauỻo B : caull’o V; vila matasse] mha marasse B   16 Acenço] açeço V; vos] uos BV   17 ala e] ala r B : alã V   18 e] Et B : et V; jeito] geyta V   19 el-rei] ellrey V   20 e] et B   21 arcediagõo] Arcediagon̄ B; sedes] sodes V   22 el-rei] ellRey B : ellrey V; noutro] nontº B   23 u lhe] Hulha B : hu(l)lhe(y) V; fazenda] façenda V   24 vos] uos BV   25 do] de V   26 fraco] frato V   27 vossos] uossus V; poos] poo’s B : poōs V; saco] ssato V   28 e ir-si-lh’-á] Et hyr silhe B : et hyrsilha V

Variantes editoriais


2 vos] vus Stegagno Picchio   12 entrass’e] entrasse Stegagno Picchio, Lapa, Lopes, Littera   21 arcediagõo] arcedīagon Stegagno Picchio : arcediagom Lopes, Littera; sedes] sodes Lapa, Stegagno Picchio, Lopes, Littera   26 algũu] algum Lopes, Littera   27 vossos] vossus Stegagno Picchio; si] s’i Stegagno Picchio : se Lapa, Lopes, Littera

Paráfrase


(I) Mestre Acenço, obraría con xustiza o rei se vos dese unha moi boa paga porque o outro día realizastes unha cabalgada a Roda, sen que el o mandase: sen a súa axuda e sen o seu diñeiro fostes alá matar un cabaleiro porque soubestes que non o servía.

(II) E se o rei estivese ben aconsellado, mestre Acenço, no tocante a estes diñeiros que o demo lle leva en pagar cabaleiros, repartiríaos convosco, de boa vontade, pois non houbo outro tal que entrase en Roda e que matase un cabaleiro da vila, agás vós, que iades desarmado.

(III) E polo servizo que lle fixestes, mestre Acenço, non vos preocupedes: tornade alá e faredes ben, e matade outro cando virdes a ocasión, pois se o rei coñece a vosa petición e consegue a calma mesta contenda en que anda, logo seredes feito arcediago.

(IV) E dixo o rei, estando noutro día onde lle falaron da vosa situación, que vos quere dar Ardón en encomenda porque din que sodes do seu bando; mais se alí vivise algún home débil, levade un gran saco dos vosos pos, e así háselle ir librando (deles) o castelo.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10’a 10’b 10’b 10’a 10’c 10’c 10’a (= RM 161:209)

Encontros vocálicos: 20 desteexecoen; 21 ar·ce·di·a·gõ͜o; 26 al·gũ͜u

Notas


Texto
  • 1

    Acenço é un físico ou médico do tempo do rei Afonso X, que nesta composición é satirizado por, indo desarmado, ter matado un cabaleiro simplemente cos seus pos (isto é, coas súas menciñas). Mais, co trasfondo xeral dos problemas que Afonso X tivo coa nobreza, sobre o que el mesmo compuxo varias cantigas de escarnio (UC 492 ou 494, por exemplo), o texto é unha sátira indirecta contra os cabaleiros pouco animosos en que o rei gastaba o seu diñeiro e que non o servían como debían.

  • 4

    Roda, tamén citada no v.12, quizais aluda á cidade de Rueda en Valladolid, ben preto de Ardón (v. 24), aínda que en España existen varias vilas con este nome.

  • 6

    Desservir é antónimo de servir (‘faltar á obriga de servir’), sen máis atestacións no corpus profano do que esta aparición no cancioneiro de Martin Moxa. Na produción prosística desservir con relativa frecuencia. Véxanse só dúas mostras (véxase CGPA, s.v.): 

    ca non ha hi quem o defenda, [ca] seede certo que ja nunca vos mais desservirá Lopo d’Arenas, ca eu lhe dey tal golpe deste venabre que logo foy morto. (...), se nom que elle se trabalharya de o desservyr e que nom perdoarya a nem hũũ de quantos moravã em Itallya. (...) E, despois que todo foi partido, o Cide mandou dizer a el rey que assy sabya elle desservyr senhor (Crónica Geral d’Espanha de 1344).

    E que posto que alguũs de maao rrecado alçassem voz contra elle, mostramdo que o queriam deservir (...) e per quamtas guisas cada huũ mostrava em lhe fallamdo que amava muito seu serviço, e como todas eram fumdadas em no deservir e enhavessar (...) e nom o fazemdo elRei assi, que elles deservissẽ elRei de Castella, e ajudassem o Meestre comtreelle, em toda cousa de seu serviço (...) ca seu coraçom nom cuidara comtra elle cousa per que o deservisse (Fernão Lopes, Crónica de D. João I).

    Do mesmo xeito, tamén se rexistra o substantivo desserviço e deservidor (cfr. CGPA, s.v.).

  • 8

    A grafía <ll> /l/ en posición trabante, final de sílaba ou de palabra (nótese que neste verso só aparece en V, en face do v. 22, en BV), constitúe unha rareza gráfica nos manuscritos que transmitiron a lírica profana galego-portuguesa. Ausente no Cancioneiro da Ajuda, só aparece esporadicamente nos cancioneiros apógrafos italianos. No que di respecto a el <ell>, pronome ou artigo el-(rei), véxase tamén 637.2 (BV), 868.5 (BV), 1446.2 (V), 1450.4 (BV); tamén <all> al en 1446.7 (V). Cfr. nota a  29.22.

  • 10

    Tamén en cavaleiro(s) se rexistra a grafía <ll> /l/ (en BV no v. 10, só en V no v. 13): alén de múltiplas ocorrencias de <nullo> nos apógrafos italianos (especialmente en B), <ll> só se acha de forma puntual como grafía etimolóxica en voces con /l/ procedente, en xeral, da xeminada latina (ali, bailada, castelo, cavalo, esmola, querelar, Varela, vassalo, Vilanansur etc. (con especial incidencia en ela, aquela e ele/s), moi esporadicamente na forma do pronome el (e mais do artigo el-) (véxase nota a 637.2), nalgunha asimilación do artigo ou do pronome (véxase notas a 6.32 e 918.11) e, finalmente, en voces co secuencia fonética [ɾl], que é transmitida sistematicamente en BV coa grafía <rll> (véxase nota a 392.9).

  • 11

    Nótese tamén <ll> en <Partillos hya> B e <partillos hya> V que supón unha grafía arcaizante que mostra nos apógrafos italianos restos visuais da asimilación fonética producida en período protorrománico e que a produción prosística conserva con moita frecuencia. De calquera maneira, é grafía comparábel a <Poyslla> (6.32) e mais <poyllo> (1337.18) e <deulla (‘Deu-la’) en A (87.9) ou, mesmo, formas do tipo <pello> para o encontro da preposición por ~ per co artigo (1346.2, 1448.5).

  • 12-13

    En face das edicións precedentes, segmentamos a conxunción e no final do verso para ligar copulativamente entrass(e) e matasse (v. 12), evitando a aparición dunha xustaposición, ou dun forzado carácter consecutivo de que no v. 13 (Littera).

  • 20

    A voz execo, de procedencia árabe (‘contenda, dificultade, molestia’) só volve aparecer en 1585.17. De todos os xeitos, execo convive coas variantes eixeco e enxeco, con diversas ocorrencias en obras varias (véxase CGPA, s.v.), o mesmo que exerdar ~ eixerdar ~ enxerdar, con representación no corpus trobadoresco profano (véxase Glosario, s.v. eixerdado etc.). Véxase Ferreiro (1999 [1995]: §§25d.2, 95b).

  • 21

    Arcediagõo presenta a factura gráfica máis arcaizante, con presenza do hiato (postónico) producido pola caída de -n- intervocálico e manutención da nasalidade.
    Por outra banda, a prioridade que concedemos a B lévanos a fixar a forma sedes ‘sodes’, variante procedente do lat. sĕdĕtĭs, que se rexistra esporadicamente no corpus trobadoresco (732.8; 1582.1; 1611.5, 9 e 20;  xunto con seedes (1668.2) e semos (1627.5). Na produción prosística só achamos a forma seedes, con dez ocorrencias, mais existen tres rexistros de semos con outros tantos de seemos (véxase CGPA, s.v.). Outrosí, véxase nas Cantigas de Santa Maria:
              Desta moça que "fillo" chama, e al non diz,
              por un da Magestade pintad' e con verniz?
              Mas vos que sedes padre da lee e joyz,
              rogad' a Deus que desto a quera guarecer (CSM 251.82).

  • 24

    Ardon é un concello leonés (Ardón).

  • 25

    Para alén da frecuente confusión e/ou troca <o>/<e> nos cancioneiros italianos, a variante de V incide na vacilación que se percibe ao longo do corpus entre a presenza ou ausencia do artigo co posesivo na altura cronolóxica das cantigas.

  • 26

    Na lírica profana, as formas de pretérito de jazer (551.18, 1387.26, 1554.1, 1674.9) presentan sempre a raíz analóxica jouv- (cfr. lat. iacui jougue ~ jouve etc.), analóxica de houv- (haver) (véxase Ferreiro 1999: §231).

    O pronome indefinido algũu funciona metricamente como ũu, que é forma que tamén computa como un monosílabo métrico, revelando dese xeito que se trata dunha grafía conservadora a partir da terminación latina -unu(m). Algo similar acontece con bõo ~ boo (véxase nota a 241.10) e, aínda en menor medida, sõo ~ soo (véxase nota a 10.25), que son basicamente voces bisilábicas, aínda que nalgunhas ocasións computan como unisilábicas.

  • 28

    Igual que existe alternancia gráfico-fonética entre as formas pronominais me ~ mi, te ~ ti (ou che ~ chi), lhe ~ lhi e xe ~ xi, tamén o pronome se pode presentar a variante si, que non é preciso emendar (Lapa, Lopes, Littera) nin segmentar como s’i (Stegano Picchio).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado