I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 238 [= LPGP 856]); Calderón Calderón (1996: 335); Cohen (2003: 322); Littera (2016: II, 395).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 184); Braga (1878: 96); Machado & Machado (1953: IV, 277).
2 se verria] Seueria B : senema V 3 Verrei] querey B : querrey V; cedo] redo B : pedo V 5 madrey einen mey grā medo(*) V
4 suia] soia Nunes 5 ei én ben mui] ei eu ben muy Calderón Calderón : ei end’ eu mui Cohen : hei eu bem mui Littera
(I) Ao meu amigo, cando se ía, pregunteille se viría; (e) el díxome: «Hei vir moi cedo». (E) de que tarde máis do que adoitaba, madre, diso teño moito medo.
Esquema métrico: 7’a 7’a 7’b 7’a 7’b (= RM 33:18)
Encontros vocálicos: 4 su·i·a
Como os demais editores precedentes, corriximos a lección dos apógrafos italianos querey B : querrey V en verrei, atendendo ás esixencias semánticas da cantiga. O erro, que se remonta ao antecedente de BV, pode deberse a unha trivialización do copista (lectio facilior).
A variante suia (< soia) semella apuntar ao carácter bisilábico de soía nalgúns contextos trobadorescos (20.11, 58.12, 1197.29), e acha correspondencia na súa frecuente ocorrencia en textos prosísticos (desde textos tabeliónicos galegos até a Crónica Geral d’Espanha de 1344 ou as crónicas de Fernão Lopes), con grafías diversas: suia, suya, suhya... (véxase CGPA, s.v.).
Acollemos o texto subministrado pola copia do Cancioneiro da Biblioteca Nacional, que presenta un superlativo reforzado con ben, construción que se pode documentar tamén en 1237.6 (outrossi ben mui rafece molher).