939 [= RM 150,2]
Amiga, ben sei do meu amigo

Amiga, ben sei do meu amigo
que é mort’ou quer outra dona ben,
ca non m’envia mandado nen ven,
e, quando se foi, posera migo
que se veesse logo a seu grado,
se non, que m’enviasse mandado.
A min pesou muito quando s’ia,
e comecei-lhi enton a preguntar:
«Cuidades muit’, amig’, ala morar?».
E jurou-mi par Santa Maria
que se [veesse logo a seu grado,
se non, que m’enviasse mandado].
U estava con migo falando,
dixi-lhe eu: «Que farei se vos non vir
ou se vosso mandado non oir
ced’?». [E] enton jurou-m’el chorando
que se [veesse logo a seu grado,
se non, que m’enviasse mandado].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 936, V 524

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 249-250 [= LPGP 933]); Cohen (2003: 336); Pousada Cruz (2015: 179); Littera (2016: II, 497).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 190); Braga (1878: 100); Machado & Machado (1953: IV, 303).
III. Antoloxías: Seoane (1941: 100-101); Piccolo (1951: 178-179); Nunes (1959: 289-290); Spina (1972: 346).

Variantes manuscritas


3 nen] neu B   6 m’enviasse] men uya (a)sse V   9 muit’] mnyt B   14 Dixilho en que farey eu seuꝯ non uir B : dixilho en q̄ farey eu seuꝯ nō uir V

Variantes editoriais


2 quer outra] quer’outra Cohen, Littera   14 dixi-lhe eu: «Que farei] dixi-lh’eu: que farei Nunes, Littera : dixi lh’: “Eu que farei Cohen : dixi-lho: –Que farei Pousada Cruz   16 [E] enton jurou-m’el] enton jurou-me el Nunes

Paráfrase


(I) Amiga, ben sei que o meu amigo morreu ou que ama a outra muller, pois non me envía recado nin vén, e, cando se foi, acordara comigo que se viría axiña de bo grado e, se non, que me enviaría recado. 

(II) A min pesoume moito cando se ía e comecei entón a preguntarlle: «Coidades vivir, amigo, moito tempo alá?». E xuroume por Santa María que se viría axiña de bo grado e, se non, que me enviaría recado.

(III) Cando estaba comigo falando, díxenlle eu: «Que farei se non vos vexo ou se non escoito axiña o voso recado?». E entón el xuroume chorando que se viría axiña de bo grado e, se non, que me enviaría recado.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 9’a 10b 10b 9’a 9’C 9’C (= RM 160:299)

Encontros vocálicos: 5 logoa; 6 en·vi·a·sse; 8 -lhienton; 11 logoa; 12 en·vi·a·sse; 14 -lheeu; 17 logoa; 18 en·vi·a·sse

Notas


Texto
  • 13

    A forma medieval migo, con algunhas variantes (véxase nota a 10.18), xa convivía na altura con comigo, que aínda pode presentar a forma analítica con migo (11.24, 584.14, 585.8, 773.8, 846.r1, 856.1, 928.8, 1010.14, 1039.10 e 26, 1099.19, 1234.20, 1303.8), concorrente coa arcaizante con mego (469.6 e 9).

  • 14

    A fixación deste verso levanta algunhas cuestións a partir da coincidente lección de B e V, con algunhas diverxencias nas diversas edicións. En primeiro lugar, o elemento <lho>, con probábel confusión <o>/<e>, pois a súa manutención (véxase Pousada) implica un estraño adiantamento da pregunta; por outra banda, a reiteración do pronome eu (cfr. <en> BV na primeira aparición, coa banal confusión <n>/<u>). Perante a situación, coidamos que a solución máis acaída reside na expunción do pronome reiterado, feito que permite a súa manutención en sinalefa con lhe.

  • 16

    A reintegración da copulativa inicial da frase (xa en Cohen, Pousada e Littera) é mellor solución ecdótica (pola frecuencia da súa omisión na copia dos manuscritos) do que considerar unha dialefa me | el de difícil xustificación a partir da análise do corpus das cantigas.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado