I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 368-369); Rodríguez (1980: 93 [= LPGP 405]); Littera (2016: I, 430-431).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 194); Braga (1878: 103); Gassner (1933: 403); Machado & Machado (1953: IV, 321-322); Fernández Pousa (1959: 93).
1 vos] nꝯ B 6 se] Ce B 10 e] Et B : et V; enquanto] en q̄nto V 11 guisado] grisado B : grisado V 13 querrei] queirey B : q̅irey V 15 faço] fazo V 16 terrei] teirey BV 17 guisado] grisado B : grisado V 20 força, forçar] forza forzar V
3 teen] têm Littera 9 teen] têm Littera 15 teen] têm Littera 20 Amor] amor Nunes, Rodríguez, Littera
(I) Señora fermosa, téñovos un grande amor, e os que saben que vos amo pensan que iso vos pesa máis que calquera outra cousa; e eu, miña fermosa señora, considero moi axeitado causarvos pesar se vos pesa que eu vos ame moito, (II) pois xa sempre vos amarei, e estas xentes que aquí andan pensan que vos pesa profundamente; e eu, en canto viva, considero moi axeitado causarvos pesar se vos pesa que eu vos ame moito, (III) pois, señora miña, sempre vos amarei, e estas xentes que andan aquí pensan que vos causo un gran pesar por iso; e eu acho agora e sempre acharei moi axeitado causarvos pesar se vos pesa que eu vos ame moito, (1) pois non podo, señora, desamarvos, nin podo forzar a Amor, que me forza.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:97) + 10c 10c
Esta composición é unha verdadeira cantiga ateúda, con ligazón sintáctico-discursiva, de tipo causal, entre as súas tres estrofas, aínda que non fose incluída na relación de ateúdas de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270) nin fose considerado ese carácter en ningunha das edicións precedentes. Véxase nota á cantiga 15.
A necesaria, pola métrica, reintegración do pronome eu nesa posición vén indicada pola súa presenza nos versos paralelos das restantes estrofas:
e eu tenho, fremosa mia senhor (v. 4)
e eu tenho ja enquanto viver (v. 10)
e [eu] tenh’ora, e sempre terrei (v. 16).