I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 892-893); Panunzio (1992 [1967]: 93-94 [= LPGP 782]); Lopes (2002: 390); Littera (2016: II, 289).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 205); Braga (1878: 109); Machado & Machado (1953: IV, 366); Fernández Pousa (1956: 812-813); Juárez Blanquer (1988: 110-111).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 149); Álvarez Blázquez (1975: 44-45); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 100).
3 mostr’o] nostro V 8 Deus] des V 9 vossos] uossus V 10 nos] uꝯ BV 14 enquant’eu] enq̄nteu V
3 vos] vus Michaëlis, Panunzio 7 vos] vus Michaëlis, Panunzio; per] por Lopes 9 dos vossos] dus vossus Panunzio : de vossos Michaëlis 10 fremosa] fremos(a) Michaëlis; enada] e[m] nada Lopes, Littera; nos] nus Panunzio : dos Lopes 13 vos] vus Michaëlis, Panunzio 15 por] per Panunzio 16 por] per Panunzio; por] per Panunzio
(I) Xa que tendes un gran desexo da miña morte, señora fermosa, máis que de calquera outra cousa, nunca Deus vos mostre o que vós queredes, pois vós queredes a miña morte, e por iso rogo eu a Deus que nunca vós vexades, señora fermosa, o que desexades.
(II) Non penso eu noutras gallardías, mais sempre lle rogarei isto a Deus para que El diminúa (o número) dos vosos días, señora fermosa, e acrecente os meus: rogo eu a Deus que nunca vós vexades, señora fermosa, o que desexades.
(III) E Deus, que sabe que eu vos amo moito e amarei en canto estiver vivo, El me deixe traer loito por vós antes que a vós por min; e por iso, miña señora, rogo eu a Deus que nunca vós vexades, señora fermosa, o que desexades.
Esquema métrico: 3 x 10’a 10b 10’a 10b 10’C 10’C (= RM 99:33)
Encontros vocálicos: 10 fremosa,‿e
A voz galhardia (‘gallardía, esforzo’) non volve aparecer no corpus trobadoresco nin tampouco se rexistra nos bancos de datos medievais, embora se ateste Gallardo como antropónimo. O termo é empregado aquí con ironía, nun texto anticanónico que no seu conxunto constitúe unha trivialización do tópico da morte por amor.
A grafía -us de <uossus> en V aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.
O verbo enader ‘engadir, acrecentar’ non dispón de máis atestacións na lingua das cantigas profanas, para alén da aparición da variante ader, de carácter dubidoso, nunha cantiga de Afonso X (478.30); porén, o uso de enader ~ ẽader (coa variante gráfica emader, de carácter tardío) é de uso frecuente. De calquera modo, a intrusión ecdótica de Lopes e de Littera (em, nada) non é admisíbel por unha anómala construción *tolher en nada en:
em tal que tolha El dos vossos dias,
senhor fremosa, e e[m] nada nos meus.
A hipometría versal resólvese perfectamente coa conxunción copulativa, en liña co v. 4: pois vós queredes mia mort’, e por én / rog’eu a Deus...