En BV <ueer> aparece copiado como palabra final do segundo verso de cada estrofa.
I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 123 [= LPGP 282-283]); Cohena (2003: 188); González Martínez (2012: 161); Littera (2016: I, 307); Cohenb (2024: I, 53).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 123); Braga (1878: 58); Machado & Machado (1952: III, 383).
1 prouguer] proguer V 6 guisa] grisa V
Nunes elimina veer do refrán (editado no final do v. 2 e do v. 5) xerando un refrán monoversal, presente tamén en González Martínez, Littera e Cohen (2024), que incorporan veer no inicio do refrán.
1-3 poder / veer, / veerei [i] mui gran prazer] poder veer / veerei mui gram prazer Nunes : poder / veer, veerei mui gran prazer González Martínez : poder / veer, veerei [i] mui gram prazer Littera, Cohenb 6-7 ir [i] / veer, / veerei [i]] ir veer / veerei Nunes : ir [i] / veer, veerei González Martínez : ir [i] / veer, veerei i Littera, Cohenb
(I) Ir quero eu hoxe, madre, se vos parece ben, a onde está o meu amigo e, se o puider ver, verei un gran pracer.
(II) Hai moito tempo, madre, que o non vin, mais, pois Deus me dá ocasión de o ir alí ver, verei un gran pracer.
Esquema métrico: 2 x 10a 10a 2B 8B
Estrutura métrica alternativa: 2 x 10a 10a 10B. En González Martínez (2012: 161); Littera (2016: I, 307); Cohen (2024: I, 53).
O esquema métrico da cantiga foi estabelecido por Cohen en 2003, fronte á incorrecta edición de Nunes, que anula as rimas en -ɛɾ coa incorporación sistemática de veer (con rima -eɾ) ao segundo verso da cobra. Pola súa parte, González Martínez optou por un único verso para o refrán, cun esquema 10a 10a 9B (pola exclusión do adverbio i: veer, veerei mui gran prazer), estrutura presente, por exemplo, en UC 682, de Joan Perez d’Avoin. Polo contrario, en Littera nivélase metricamente este único verso coa reintegración de i na primeira ocorrencia do refrán (veer, veerei i mui gram prazer), estrutura aaB acollida en 2024 por Cohen.
En calquera caso, o primeiro esquema proposto por Cohen (2003) para esta composición lembra o utilizado por Calheiros nas cantigas 642 e 643, onde o refrán está formado por dous versos, un deles tamén bisilábico.
A rima e a medida solicitan de novo a reintegración do adverbio i en posición final, tal como acontece, por exemplo, nunha cantiga de Rodriguez Tenoiro (367.2):
Se eu podess’ir u mia senhor é,
ben vos juro que querria ir [i];
mais non posso nen xi me guisa assi,
e, por aquest’, ora, per boa fe, / ...