1058 [= RM 96,3]
Ja m’eu queria leixar de cuidar

Ja m’eu queria leixar de cuidar
e d’andar trist’e perder o dormir
e d’Amor, que sempre servi, servir;
de tod’esto m’eu queria leixar
se me leixasse a que me faz aver
aquestas coitas, ond’ei a morrer.
E leixar-[m’-ia] qual coita mi deu
Amor, que [eu] en grave dia vi,
e qual pesar sempre sofr’e sofri;
de tod’esto me leixaria eu
se me leixasse a que [me faz aver
aquestas coitas, ond’ei a morrer].
[E] leixar-m’-ia de cuidado meu
e da gran coita do meu coraçon
e de servir Amor; con gran razon
de tod’esto me leixaria eu
se me leixasse a [que me faz aver
aquestas coitas, ond’ei a morrer].
E leixa-m’ela de mi ben fazer,
mais non me leixa en sas coitas viver.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 1056, V 646

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 404-405 [= LPGP 637]); Littera (2016: II, 115).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 229); Braga (1878: 124); Machado & Machado (1956: V, 63-64).

Variantes manuscritas


4 tod’esto] to\de/sto V   5 leixasse] leixass B   6 morrer] moirer B   7 deu] da BV   14 coraçon] coracon B   16 de] om. V

Variantes editoriais


5 leixasse a] leixass(e) a Nunes : leixass’a Littera   8 que [eu] en grave dia] que en [mui] grave dia Nunes, Littera   11 leixasse a] leixass(e) a Nunes : leixass’a Littera   13 [E] leixar-m’-ia de cuidado] Leixar-m’-ia d’e[ste] cuydado Nunes, Littera   17 leixasse a que] leixass(e) a qui Nunes : leixass’a que Littera   20 leixa en] leix(a) en Nunes : leix’em Littera

Paráfrase


(I) Quería eu xa deixar de cavilar e de andar triste e de perder o sono e de servir a Amor, a quen sempre servín; de todo isto me quería eu libertar se me deixase a que me fai ter estas coitas, de que hei morrer.
(II) E libertaríame da coita que me deu Amor, que eu vin en nefasto día, e do pesar que sempre sufro e sufrín; de todo isto me libertaría eu se me deixase a que me fai ter estas coitas, de que hei morrer.
(III) E libertaríame da miña cavilación e da gran coita do meu corazón e de servir a Amor; con gran razón me libertaría eu de todo esto se me deixase a que me fai ter estas coitas, de que hei morrer.
(1) E ela deixa de me facer ben, mais non me deixa vivir nos seus pensamentos.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160: 174) + 10c 10c

Encontros vocálicos: 5 leixasea; 11 leixasea; 17 leixasea; 20 leixaen

Notas


Texto
  • *

    Nótese a distribuión simétrica de leixar nos vv. 1 e 4 de cada estrofa, así como nos dous versos da fiinda.

  • 3

    Neste verso hai que sobreentender leixar: «e (leixar) de servir Amor, que sempre servi».

  • 7

    O erro da lección <da> como palabra rimante debe ser emendado para deu, pola rima con eu (v. 9).

  • 7-8

    De novo o texto subministra indicios para emendar os erros dos códices: no v. 7, a forma verbal leixar-m’-ia é solicitada pola aparición do verbo leixar, sempre pronominal, ao longo da cantiga:  m’eu queria leixar (v. 4), me leixaria eu (v. 10), leixar-m’-ia (v. 13), me leixaria eu (v. 17).

    Por outra banda, no v. 8, a ausencia dunha sílaba é doadamente subsanábel co pronome eu, presente ao longo da cantiga (vv. 1, 4, 10, 16) e probabelmente omitido no proceso de copia por contiguidade (cfr. <eu en>); neste sentido, esta recuperación pronominal parece menos intrusiva e máis lóxica do que a recuperación dun adverbio mui (Nunes, Littera), para alén do feito de non existir no corpus o sintagma (en) mui grave dia.

  • 13

    É relativamente frecuente a omisión da copulativa inicial de estrofa (e de fiinda ou de verso) nos manuscritos, que nos permite neste caso restaurar a isometría versal (cfr. a solución de Nunes e de Littera, máis interventiva co demostrativo este). Casos semellantes documéntanse en 106.8, 151.7, 157.7, 163.11, 261.13, 293.8, 294.7 e 13, 332.7, 408.7, 447.7, 448.8, 490.19, 586.11 etc.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado