845 [= RM 55,2]
Madre, se meu amigo veesse

Madre, se meu amigo veesse,
demandar-lh’-ia, se vos prouguesse,
que se veesse veer comigo:
se veer, madre, o meu amigo,
demandar-lh’-ei que se veja migo.
Se vos prouguer, mia madre velida,
quando veer o que mi á servida,
demandar-lh’-ei que se veja migo:
se veer, [madre, o meu amigo,
demandar-lh’-ei que se veja migo].
Sol que el venha, se Deus m’ajud’e
assi Deus mi-o mostre con saude,
demandar-lh’-ei que se veja migo:
se veer, madr[e], o [meu amigo,
demandar-lh’-ei que se veja migo].
Porque mi-o referistes ogano,
que me non viu, per fe, sen engano,
demandar-lh’-ei que se veja migo:
se veer, madr[e], o meu ami[go,
demandar-lh’-ei que se veja migo].
[E] non sejades dest’enartada;
se veer o que mi á namorada,
demandar-lh’-ei que se veja migo:
se veer, madr[e], o meu [amigo,
demandar-lh’-ei que se veja migo].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25

Manuscritos


B 849, V 435

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 226-227 [LPGP 344-345]); Cohen (2003: 308); Littera (2016: I, 391-392).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 162); Braga (1878: 82); Machado & Machado (1953: IV, 171).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 70).

Variantes manuscritas


8 migo] comigo BV   9 se veer] om. B

Variantes editoriais


O 3º verso de cada estrofa foi incorporado ao refrán na edición de Cohen e de Littera.

11 ajud’e] ajude Nunes, Cohen, Littera   21 [E] non sejades dest’enartada] Non sejades d’est[o] enfadada Nunes : Non sejades d[aqu]est’enartada Cohen, Littera

Paráfrase


(I) Madre, se o meu amigo viñese, pediríalle, se vos prace, que se viñese ver comigo: se vén, madre, o meu amigo, pedireille que se vexa comigo. 

(II) Se vos prace, miña nai belida, cando veña o que me serviu, pedireille que se vexa comigo: se vén, madre, o meu amigo, pedireille que se vexa comigo.

(III) Logo que veña, así Deus me axude e mo mostre con saúde, pedireille que se vexa comigo: se vén, madre, o meu amigo, pedireille que se vexa comigo. 

(IV) Porque me falastes mal del non hai moito porque non me viu, abofé, con certeza lle hei pedir que se vexa comigo: se vén, madre, o meu amigo, pedireille que se vexa comigo.

(V) E non vos enganedes sobre isto; se vén o que me ten namorada, pedireille que se vexa comigo: se vén, madre, o meu amigo, pedireille que se vexa comigo.

Métrica


Esquema métrico: 5 x 9’a 9’a 9’b 9’B 9’B

Encontros vocálicos: 7 miá; 12 mi͜-o; 16 mi͜-o; 22 miá

Notas


Texto
  • *

    A repetición literal do v. 3 en todas as estrofas agás na I (que se veesse veer comigo vs. demandar-lh’-ei que se veja migo) levou Cohen (e Littera) a incorporar este verso ao refrán, a pesar de a marca colocciana estar claramente a indicar que o estribillo está composto polos vv. 4-5. Na realidade, esta repetición / variación é similar á que se produce na cantiga 26, onde algúns editores incorporaron tamén ao refrán o penúltimo verso de cada estrofa.

  • 8

    Nótese o erro dos manuscritos, coa lección hipermétrica <comigo>, que debe emendarse en migo (véxanse os vv. 13, 18 e 23), tal como acontece noutras pasaxes do corpus, en que comigo ~ con migo e contigo precisan a mesma corrección en prol da forma máis antiga, bisilábica (371.1, 845.8, 1366.2, 1557.7, 1674.17).

  • 11

    Repárese no uso de se ~ si, equivalente a assi, en frases optativo-desiderativas (100.1, 177.10, 188.11, 202.2, 221.2, 224.1, 277.23, 315.2, 511.14, 526.6, 559.2, 573.12, 703.1, 720.1, 733.15, 940.10, 1042.16, 1140.10, 1284.18). Tal forma procede de sīc con cruzamento coa conxunción condicional se.
    Aliás, por máis que nas edicións precedentes non fose segmentada a copulativa en ajud’e, esta conxunción é fundamental para evitar a xustaposición e para ligar con naturalidade as dúas cláusulas desiderativas: se Deus m’ajud’e / assi Deus mi-o mostre con saude.

  • 17

    A expresión adverbial sen engano aparece no corpus trobadoresco de maneira isolada:

    Farei-o, sen engano,
    ca ja en min meteu do seu i ben (1620.25)

    Porén do uso de per fe ~ par fe e sen engano en construción acumulativa, só se encontran outros dous rexistros na lírica trobadoresca, o segundo deles con adxectivación de engano:

    Sanhud’and[ad]es, amigo,
    porque non faço meu dano
    vosc’, e, per fe, sen engano,
    ora vos par’e vos digo (760.3).

    mais, par fe sen mal engano,
    non terria por guisada
    cousa, se el-Rei quisesse
    de molher cono nen nada
    vender, se o non ouvesse (1525.12).

    Na prosa documéntanse con certa frecuencia as dúas expresións unidas mediante unha copulativa, con algunhas variantes expresivas, sobre todo baixo a forma a bõa fe e sen mao engano, coas súas variantes (a/en, bõa/boa, mao/maao, e/et...), conforme diversos rexistros recollidos no banco de datos do Corpus do Galego-Portugués Antigo. Véxase esta expresión en numerosos documentos datados no final do século XIV e comezos do século XV da rexión de Noia (Barroso Castro & Neira Pérez 2008: 217, 249, 307, 343, 345 etc.); nestes instrumentos, mesmo pode continuar o reforzo asertivo con referencia aos Evanxeos: a bõa fe e sen mão engano e por juramento de Santos Avangeos; a boa fee e sen mao engano por juramento que sobre elo faço aos Santos Avangeos (Barroso Castro & Neira Pérez 2008: 321 e 339). Outrosí, a expresión sen mao pode verse en textos portugueses tardíos (1496, 1505) do Synodicon Hispanum, xa incorporada ao discurso sen o carácter formulario-adverbial en fórmula reiterada:

    todo seja feito à boa fe e sen engano algum (García y García 1982: 175, 394).

    De calquera maneira, a expresión é ben antiga, pois xa aparece nun documento de 1269:

    Aqueste precto τ [  ]rauidis que e ffeyto τ outorgado a bõa fe τ sen engãno. ontre dõ fernã [   ]ne de caaueyro τ o conuẽto desse méénsmo lugar da una parte (cfr. CGPA, s.v.). 

  • 21

    Fronte ás edicións precedentes, con integracións máis ou menos xustificadas, coidamos que a reposición da copulativa inicial da última estrofa é máis coherente, pois restaura, asemade, o acento na 4ª sílaba, para alén de que a omisión do enlace nessa posición é moi frecuente. Casos semellantes documéntanse en 106.8, 151.7, 157.7, 163.11, 261.13, 293.8, 294.7 e 13, 332.7, 408.7, 447.7, 448.8, 490.19, 586.11 etc.
    Canto a enartada, participio de enartar ‘enganar por medio de artes’, só conta con outra atestación no corpus das cantigas profanas, en Roi Queimado: Non vos é el daquest’enartado (1406.15).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado