125 [= RM 97,18]
Meus ollos, gran cuita d’amor

Meus ollos, gran cuita d’amor
me dades vós, que sempr’assi
chorades; mais ja des aqui,
meus ollos, por Nostro Sennor,
non choredes, que vejades
a dona por que chorades!
 
 
 
 
5
 

Manuscritos


A 39

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 83); Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 63); Vallín (1995b: 241 [= LPGP 730]); Littera (2016: II, 238-239).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 25); Marques Braga (1945: 82); Machado & Machado (1960: VII, 7); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 125).

Variantes editoriais


Na edición de Vallín a cantiga non presenta refrán.

1 cuita] coita Littera

Paráfrase


(I) Ollos meus, gran coita de amor me dades vós, que así sempre chorades; mais xa a partir de agora, ollos meus, por Noso Señor, non choredes, para que vexades a dona por quen chorades!

Métrica


Esquema métrico: 8a 8b 8b 8a 7’C 7’C (cfr. RM 160:403)

Notas


Texto
  • *

    A cantiga parece incompleta (o resto do folio en A ficou en branco), aínda que a estrofa ten sentido pleno. Talvez as posíbeis estrofas restantes volvesen noutros termos sobre os mesmos tópicos para rematar no refrán, maxistral do punto de vista retórico, que condensa a totalidade da mensaxe poética.

  • 1

    Se ben a personificación dos ollos é frecuente tanto nas cantigas de amor como nas de amigo, a invocación aos ollos é rara. Encóntrase unicamente noutra cantiga de Paai Soarez de Taveiroos (Meus ollos, quer-vos Deus fazer, cantiga 120), o que talvez sexa máis un argumento para atribuír este texto a Paai Soarez.

  • 5-6

    Por máis que nas anteriores edicións non se considerase a existencia de refrán, e para alén do carácter sentencioso e conclusivo destes versos, o espazo en branco reservado no manuscrito para a maiúscula inicial do refrán, como é hábito en Ajuda, é indicio abondo para editamos estes versos como refrán.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado