Ambos os manuscritos acrecentan un verso final na composición, sen separación tipográfica do refrán: <Oie sse parto coraçon> B, <oie sse parto coraçon> V.
I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 150 [= LPGP 95]); Cohen (2003: 219); Marcenaro (2013: 97); Littera (2016: I, 59-60).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 131); Braga (1878: 63); Machado & Machado (1953: IV, 27).
III. Antoloxías: Tavares (1943 [1923]: 54); Bernárdez (1952: 66); Nunes (1959: 315-316); Tavares (1961: 50-51); Torres (1977: 75); Ferreira (1988: 68); Ferreira (1991: 83); Jensen (1992: 12); Diogo (1998: 254).
3 morre] moire B 7 E ssodes desmesurada (q̄uꝯ nō q̄re) V 9 morrer] moirer B 10 and’eu] audeu B
En Nunes o refrán da derradeira estrofa incorpora mecanicamente o final textual de BV:
quanto coita el sigo ten
sei que toda lhi por mi ven:
oje se part’o coraçon!
4 leixade-m'ir co[n] el] leixade min co[n] el Marcenaro : leixade-m’ir co el Littera 8 vos] vós Marcenaro 15 per] por Nunes; el] [m]’el Cohen, Littera; dev’a gradecer] deva guarecer Nunes
(I) Miña nai, véñovos rogar como un/ha fillo/a roga ao/á seu/súa señor/a (pai/nai): deixádeme ir falar co que morre de amor por min: canta coita el consigo ten, sei que toda por min lle vén.
(II) E sodes inxusta, porque non queredes ter dó do meu amigo, a quen vexo morrer, e estou moi preocupada: canta coita el consigo ten, sei que toda por min lle vén.
(III) Heino ir ver, abofé, e direille algo tan pracenteiro polo que el deba estar agradecido, pois o seu mal logo é mal meu: canta coita el consigo ten, sei que toda por min lle vén.
Esquema métrico: 8a 8b 8b 8a 8C 8C (I, III [= RM 160:321]) + 7’a 8b 8b 7’a 8C 8C (II [= RM 160:416])
Encontros vocálicos: 13 -lo͜-ei
A ausencia de separación tipográfica do derradeiro verso dos manuscritos e a súa desconexión semántica e rimática coa cantiga levou –acertadamente na nosa opinión– á súa expunción por parte de Cohen (e de Littera). Probabelmente se trate dunha espuria incorporación dunha nota marxinal ou dun verso procedente doutra composición (descoñecida).
Nótese o erro de interpretación na edición de Marcenaro (leixade min), que le erradamente a secuencia <leixade mir> de BV.
Por outra banda, consideramos a lección <co> como un erro banal por <cō el>, con omisión da consoante nasal (ou a súa abreviación) na preposición con, feito con presenza nos apógrafos italianos (647.2, 1337.17 etc.); na realidade, é un lapso similar ao frecuente erro de copia <no>/<nō>, por máis que na secuencia con el se rexistre en diversas ocasións (véxase tamén 714.4, 1026.3, 1214.13 e 1492.23). Unha crase do tipo co’el (actualmente dialectal en galego) sería anacrónica por canto ese proceso de desaparición de -n- secundario por fonética sintáctica é un fenómeno que só se produciu moi tardiamente. Cfr. nota a 338.3.
Non ten sentido unha interpretación vós para a lección <u9> dos cancioneiros (véxase Marcenaro), cando a forma átona vén asociada ao uso pronominal que doer ten neste verso.
Non acollemos a reintegración do pronome me que realizou Cohen (e Littera) por non ser necesaria a presenza do complemento indirecto de gradecer.