I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 8 [= LPGP 466]); Littera (2016: I, 543).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 104); Machado & Machado (1950: II, 8); Rios Milhám (2018a: II, 231).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 101).
1 Muitos] Muytuꝯ B 2 prez] p’ez B 3 dizen] dizeu B 9 sõo] scom B
3 algũu] algũ(u) Nunes : algum Littera 7 bondade] bondad(e) Nunes : bondad' Littera 9 fez ... sõo] faz ... soom Nunes
(I) Moitos que me escoitan gabar a miña señora e falar do seu ben e do seu valor din eles que algún ben me fixo ela; e digo eu: o mellor ben do mundo me fixo e fai desexar, así Deus me perdoe, mais non doutra maneira (me fai).
(II) Falo eu da súa bondade e do seu siso, e dinme eles, cando eu digo isto, que me fixo ben, porque son tan (devoto) dela; e eu digo: o ben sobre todo ben me fixo e fai desexar, así Deus me perdoe, mais non doutra maneira (me fai).
Esquema métrico: 2 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:120)
Encontros vocálicos: 1 mi‿o·en; 3 algu͂͜u; 7 bondade‿e
O indefinido algu͂u (como neu͂u) debería, aparentemente, computar como trisilábico; porén, u͂u na maior parte das súas aparicións funciona como unha forma monosilábica (e algu͂u como bisilábico), revelando dese xeito que se trata de grafías conservadoras. Algo similar acontece con bõo ~ boo (véxase nota a 241.10) e, aínda en menor medida, sõo ~ soo (véxase nota a 10.25), que son basicamente voces bisilábicas, aínda que nalgunhas ocasións computan como unisilábicas.