1293 [= RM 93,6]
Nunca eu vi melhor ermida nen máis santa

Nunca eu vi melhor ermida nen máis santa:
o que se de mí enfinge e mi canta
disseron-mi que sa coita sempr’avanta
por mí, Deus, a Vós grado,
e dizen-mi que é coitado
por mí o perjurado.
 
 
 
 
5
 

Manuscritos


B 1276, V 882

No final do texto da cantiga en V aparece a seguinte anotación: <m̃ codaz esta nō acho pōcada>.

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 440 [= LPGP 618]); Lopes (1963: 60); Cohen (2003: 511); Littera (2016: II, 90).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 301); Braga (1878: 165); Machado & Machado (1956: V, 389); Monteagudo (1998b: 141); Montero Santalha (2004).

Variantes manuscritas


3 sa coita] assa coyta BV   5 coitado] cuydado V

Variantes editoriais


1 santa] Sancta Lopes   2 o que se de mí enfinge] o que se de mi tant’enfinge Nunes : [ca] o que se de mi enfinge Cohen, Littera   3 sa coita] a sa coita Nunes, Cohen, Littera : a ssa coyta Lopes   4 Deus] Deus [dê] Nunes   5 que é] qu’é Nunes : que e Lopes   6 perjurado] [meu] perjurado Nunes

Paráfrase


Nunca vin mellor ermida nin máis santa: do que se vangloria de min e me canta dixéronme que a súa coita se acrecenta por min –Deus, a Vós grazas– e din que está triste por min o perxuro.

Métrica


Esquema métrico: 11’a 11’a 11’a 6’b 8’b 6’b

Encontros vocálicos: 1 Nuncaeu

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga semella fragmentaria ou incompleta. Asemade, pola ausencia de máis estrofas a métrica da composición non é segura (mesmo os tres útlimos versos poderían ser o refrán), feito que explica os intentos de nivelación que se perciben na edición de Nunes.

    Por outra banda, a anotación de V (<m̄ codaz esta nō acho pōcada>) parece facer referencia á cantiga VI de Martin Codax, que non presenta notación musical no Pergamiño Vindel (véxase Gonçalves 2016 [1989]).

  • 2

    Cohen (e Littera) liga sintacticamente os vv. 1-2 introducindo a conxunción ca (coa conseguinte sinalefa enfingee) que non é necesaria se puntuarmos de modo axeitado no final do v. 1.

  • 3

    A medida hendecasilábica dos tres primeiros versos aconsella omitir o artigo para restaurar a isometría, igual que acontece noutras pasaxes do corpus en que a súa presenza é claramente espuria, pois son casos de estruturas paralelísticas ou de repetición do refrán. Véxanse, por exemplo, 943.17 (V vs. B), 1081.5 (BV) ou 1298.4 (BV).

  • 5

    Para alén do lapso de V, a variante confirma que entre os dous apógrafos italianos a variación -oi-/-ui- en coitado/cuitado é escasa, pois, en xeral, aparece entre o Cancioneiro da Ajuda vs. Cancioneiro da Biblioteca Nacional (cfr. nota a 70.1). Na realidade, a variación -oi- B / -ui- V só se rexistra nesta voz (véxase tamén 570.9, 575.4, 1212.2). Véxase Monteagudo (2013 e 2015).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado