I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 587 [= LPGP 859]); Lopes (2002: 430); Littera (2016: II, 400).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 84); Braga (1878: 43); Machado & Machado (1952: III, 261).
Lapa, como Braga, considera unha soa composición (incompleta) as cantigas 629 e 630, mais en B teñen numeración independente.
1 de Vilar] d emsar B 2 m’ameaça] ma meaca B 3 ainda] Ayda B 4 faça] ffaca B
1 de Vilar] d’Ensar Lapa, Lopes, Littera 3 eu] en Littera
Esquema métrico: 8’a 7’b 7’a 7’b 7’a [...]
Encontros vocálicos: 3 *a·i·nda‿eu
Esta cantiga ten en común coa anterior a aparición da figura do pai, mais o carácter fragmentario de ambas impide establecer calquera outro grao de relación entre elas.
Resolvemos o incipit da cantiga a partir da lección de V, que semella a correcta, pois o <emsar> de B pode ser explicado como corrupción de <uilar> a partir das frecuentes confusións <m>/<ui> e <l>/<ſ>.
Propomos, por tanto, a lectura Vilar, topónimo con múltipla representación no territorio galego-portuguesa mais que non pode ser identificado a partir do breve fragmento textual que constitúe esta composición. Na realidade, o único obstáculo para esta lectura procede do carácter aparentemente hipermétrico que adquire o verso, por máis que o carácter incompleto da cantiga non permita seguranza na fixación dun esquema métrico.
Finalmente, o verbo correr deberá ser interpretado co sentido de ‘expulsar pola forza’, perfectamente documentado noutros textos, como, por exemplo, na tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España:
Et o Çide dissellis por que o queriam correr da terra, ca elle nõ llis fazia nẽhũu mal, senõ o que fazia aos ẽemjgos da fe (cfr. CGPA, s.v.).
Así pois, interpretamos o seguinte: ‘O que me expulsou de Vilar e ademais me ameaza...’.
A abreviación de filho (que está na base da voz fidalgo) pode verse tamén en fi’-d’Escalhola (1528.14 e 20) e fi’-de clerigon (1679.1). Véxase tamén fi’-de rei nas Cantigas de Santa Maria:
Aquest’a un cavaleiro conteceu que vassal’era
dun fi de rey, e por ele fazia jostiça fera (CSM 352.10).
De todos os xeitos, a expresión máis común xa era fi-de puta (véxase CGPA):
Chamarvos poden fideputa mas nõ de treedor, ca fio na mercee de [Jhesu Cristo] que taaes obras farey eu oge que [en] todo o mundo sera falado (Crónica Geral d'Espanha de 1344).
E amdamdo varremdo hũa sala em que el Rey era de presemte, foy huũ seu escudeiro e deu huũ graõ couçe a huũ portugues daquelles que variaõ e dise: Varer azinnha pera fideputas cornudos! (...) e assi o faziam de feito que lhe chamavom fidesputas cornudos, vassallos do alfenado, fazemdolhe certas sinaaes (Fernão Lopes, Crónica de D. João I).
O decimo mãdamento he: Nõ cobiiçaras nenhũa cousa de teu proximo, esta he ẽ duas guisas: a hũa he tẽporal e a outra spiritual, ha tẽporal he rayz e començo e meo e fĩ de todo mal e de todo pecado (Tratado de Confissom).
O carácter fragmentario do texto aconsella manter unha certa neutralidade na actuación editorial, de modo que mantemos o texto lapiano, sen a segmentación de é que mantería a tonicidade na cuarta sílaba: e el padr’é do meu drudo.
No que respecta ao provenzalismo drudo ‘amante carnal’, reaparece só en 1651.3 e 6.