I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 516); Macchi (1966: 21 [= LPGP 905]); Littera (2016: II, 465).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 265); Braga (1878: 145); Machado & Machado (1956: V, 257).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 215
2 vos] uos BV 4 coraçon] coracon V 6 certa] cerca BV 7 morrerei, tant’ei de] moirerey < + > de B : morrerey tanrey d V
1 senhor, [e] mui leda] [mha] senhor, mui leda Nunes : senhor, e mui [ben] leda Macchi, Littera 2 se] om. Macchi; min] mi Nunes 4 o] om. Macchi 5 migo] mig(o) Nunes
(I) Agora, señora, –e ficade moi leda– non teñades pena de min por me eu ir, porque me vou e non levo de aquí o meu corazón, e, por Deus, enviade o voso comigo e faredes o correcto; se non, señora, tende a certeza de que morrerei, tanto é o amor que por vós teño.
Esquema métrico: 10’a 11b 10b 11’a 10c 10d 10d
Encontros vocálicos: 4 en·vi·a·de; 5 migo‿o
Probabelmente esta composición sexa fragmentaria (cfr. a rima c, isolada no texto conservado), feito que impide ter certeza respecto da estrutura métrica da composición.
A integración da copulativa semella menos intrusiva do que o posesivo (Nunes) ou o adverbio (Macchi).
A consideración dos vv. 2 e 4 como hendecasílabos, conforme o texto de BV, aforra calquera corrección editorial cal as presentes na edición de Macchi.