916 [= Tav 143,10]
Os meus olhos, que viron mia senhor

Os meus olhos, que viron mia senhor
e o seu mui fremoso parecer,
maos seran agora d’afazer
longi dela nas terras u eu for,
e catarán muito contra u jaz
a terra desta dona que os faz
sempre chorar e o sono perder.
E muito fezeran a sí melhor
e a min se a non fossen veer,
ca por outra non mi ..............
...................................................
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 

Manuscritos


B 914, V 501

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 338 [= LPGP 898]); Arias Freixedo (2010: XVIII); Littera (2016: II, 448-449).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 183); Braga (1878: 95-96); Machado & Machado (1953: IV, 269).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 132); Torres (1977: 286).

Variantes manuscritas


1 viron] uyro B   4 terras] teiras B   5 jaz] las V   6 terra] teira B   10 om. V

Variantes editoriais


5 catarán] cataram Nunes   10 om. Nunes

Paráfrase


(I) Os meus ollos, que viron a miña señora e a súa fermosa figura, han ser maos de afacer agora lonxe dela, nas terras a onde eu for, e ollarán moito para onde está a terra desta dona que os fai sempre chorar e perder o sono.
(II) E moito mellor farían a si mesmos e a min se a non fosen ver, pois por outra non me [...]

Métrica


Esquema métrico:10a 10b 10b 10a 10c 10c 10b (?)

Notas


Texto
  • *

    En V, no final do v. 7, o copista colocou a marca (liña ondulada en vertical) que con frecuencia utiliza para indicar o final de columna, mais escribiu aínda dous versos máis. Neste cancioneiro, Colocci separou estes dous versos cunha liña horizontal rematada en ángulo á esquerda, talvez interpretándoos como refrán ou máis probabelmente como inicio dunha nova estrofa.
    O sentido destes dous versos asóciaos sen dúbida aos da primeira estrofa, como constituíntes de unha mesma cantiga. Unha cantiga que, con toda a certeza nos chegou incompleta, segundo se pode deducir do fragmento do v. 10 transmitido por B.

  • 4

    A vogal final -i de longi (tamén en 33.6, 323.7, 721.12, 800.5, 957.3, 966.9, 1032.24 e 1139.2, 5, 7 e 10), a convivir con longe, tamén aparece noutros adverbios: eiri (véxase nota a 114.9) e tardi (véxase nota a 1008.16). Nos nomes só se rexistra sangui (véxase nota a 1410.17).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado