953 [= RM 63,51]
Ouço dizer dos que non an amor

Ouço dizer dos que non an amor
que tan ben poden jurar que o an,
ant’as donas, come min ou melhor;
mais, per’o juren, non lho creerán,
ca nunca pod’o mentiral tan ben
jurar come o que verdade ten.
[E] ben jura[n] que a[s] saben amar,
senon que non ajan delas prazer;
mais que lhis val de assi jurar?
Pero o juren, non lho querran creer,
ca nunca pod’o mentiral tan ben
jurar co[m]e [o que verdade ten].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 950, V 538

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 365); Rodríguez (1980: 87 [= LPGP 395-396]); Littera (2016: I, 429).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 193); Braga (1878: 102); Gassner (1933: 400); Machado & Machado (1953: IV, 319); Fernández Pousa (1959: 91).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 84).

Variantes manuscritas


3 min] mi V   4 juren] iureu B   6 jurar] om. B   7 jura[n]] uira V   10 querran] queirā B

Variantes editoriais


3 min] mi Nunes   4 per’o] pero Nunes : pero [o] Rodríguez, Littera; creerán] creeran Nunes, Rodríguez   7 [E] ben jura[n] que a[s] saben amar] Ben jura[m] que a[s] saben [muit’] amar Nunes : Ben jura[n eles] que a[s] saben amar Rodríguez, Littera

Paráfrase


(I) Escoito dicir dos que non teñen amor que tan ben poden xurar que o teñen, perante as donas, coma min ou mellor; mais, aínda que o xuren, non llelo crerán, pois nunca pode o mentiroso xurar tan ben como o que di verdade.
(II) E xuran ben que as saben amar, e que se non é así non reciban pracer delas; mais de que lles vale xurar así? Aínda que o xuren, non llelo quererán crer, pois nunca pode o mentiroso xurar tan ben como o que di verdade.

Métrica


Esquema métrico: 2 x 10a 10b 10a 10b 10C 10C (= RM 99:15)

Encontros vocálicos: 9 ma·is; 10 Peroo

Notas


Texto
  • 3

    A utilización de eu como segundo termo da comparación introducida por come é levemente minoritaria (43.15, 150.2, 723.20, 978.8, 1074.5 e 1593.r2), face á habitual construción come mí ~ min (42.21, 128.27, 142.19, 218.14, 953.3, 1074.3, 1140.6 e 11), en liña co que acontece no galego moderno, onde só é posíbel coma min.

  • 4

    O paralelismo co v. 10 (Pero o juren...) aconsella segmentar o pronome en per’o juren, sen necesidade de o reintegrar, pois a coexistencia de sinalefa con crase é constante ao longo do corpus.

  • 5

    A voz mentiral ‘mentiroso’, probábel provenzalismo (véxase García-Sabell Tormo 1990: 227-228) ten escasas ocorrencias no corpus poético trobadoresco profano (véxanse 294.3, 578.8, 917.13); tamén se atesta esporadicamente nas Cantigas de Santa Maria (véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.v.) e moi raras veces na prosa (véxase CGPA, s.v. mentiral):

    e quen nos quiser mentir peyte a outra parte C morabetinos e seya mentiral (doc. 1269).

    E aquelle que hy nõ fosse ao dya que fosse posto, que ficasse por mentiral e fallido e que perdesse os reynos (Crónica Geral de Espanha de 1344).

    Co mesmo significado, no corpus profano achamos mentidor (1292.7) e mentireiro (1389.3).

  • 7

    As reintegracións neste verso foron obxecto de atención por parte de Giulia Lanciani (1998: 98-99), que propón Ben juran que as saben [ben] amar.
    Non obstante, para alén da nececesaria reintegración da desinencia plural en jura[n] e do morfema plural en a[s], semella menos intrusiva a reintegración da copulativa, que devolve o carácter decasilábico ao verso: é relativamente frecuente a omisión desta copulativa inicial de estrofa ou de fiinda nos manuscritos. Casos semellantes documéntanse en 106.8, 151.7, 157.7, 163.11, 261.13, 293.8, 294.7 e 13, 332.7, 408.7, 447.7, 448.8, 490.19, 586.11 etc.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado