884 [= RM 94,14]
Pero mi fez e faz Amor

Pero mi fez e faz Amor
mal e non ei nen cuid’aver
ja per el ben de mia senhor,
ei muito que lhi gradecer
porque mi faz a melhor ren
daqueste mundo querer ben.
E pero m’el non quis nen quer
dar ben por quanto mal mi deu,
ja enquant’eu viver poder
ledo serei de seer seu
porque mi faz a melhor ren
[daqueste mundo querer ben].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 893, V 477

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 301); Stegagno Picchio (1968: 138 [= LPGP 627-628]); Littera (2016: II, 97).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 174); Braga (1878: 90); Machado & Machado (1953: IV, 234).
III. Antoloxías: Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 47).

Variantes manuscritas


2 nen] uen B   3 ben] uen V   6 daqueste] Daquesto B : da questo V   10 ledo] E do B

Paráfrase


(I) Aínda que Amor me fixo e fai mal e non teño nin espero obter por el o ben da miña señora, teño moito que lle agradecer, porque me fai amar a mellor cousa deste mundo.

(II) E aínda que el non quixo nin me quere dar ben por canto mal me deu, en canto eu vivir puider estarei ledo de ser seu, porque me fai amar a mellor cousa deste mundo.

Métrica


Esquema métrico: 2 x 8a 8b 8a 8b 8C 8C (= RM 99:53)

Notas


Texto
  • 3

    Non é frecuente a confusión ou erro <u>~<v>/<b>, aínda que pode rastrexarse ao longo dos cancioneiros italianos: <savor> B sabor (114.17), <vẽ> ben (205.2), <aceui> BV acebi (482.28), <traualhe> V trabalh’e (1348.19), <ueeyro> V Beeito (1484.1), <ueeyto> V Beeito (1484.3), <velpelho> V Belpelho (1489.1) etc.

  • 7

    Fronte á posibilidade de e, pero, con independencia sintáctica das dúas conxuncións, optamos pola locución conxuntiva de valor concesivo e pero ‘aínda que’, de uso regular ao longo de corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar por unha ou outra lectura.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado