1264 [= RM 86,8]
Pois vós, meu amigo, morar

Pois vós, meu amigo, morar
queredes en casa d’el-rei,
fazed’e[n]d’o que vos direi,
se Nostro Senhor vos empar:
doede-vos vós do meu mal,
que por vós lev’e non por al.
 
 
 
 
5
 

Manuscritos


B 1248, V 853

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 416-417 [= LPGP 587-588]); Cohen (2003: 482); Littera (2016: II, 44).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 293); Braga (1878: 161); Machado & Machado (1956: V, 363).

Variantes manuscritas


1 Pois] Por V   3 fazed’e[n]d’o] Fazeda do B : fazedado V   4 vos] nꝯ V   5 do] de V   6 que por] Por q̅ B : por que V; vós] uꝯ BV

Variantes editoriais


3 fazed’e[n]d’o] fazed’al’o Nunes

Paráfrase


(I) Pois vós, meu amigo, queredes vivir na casa do rei, facede niso o que vos direi, así Noso Señor vos ampare: apiadádevos do meu mal, que por vós levo e non por outra cousa. 

Métrica


Esquema métrico: 8a 8b 8b 8a 8c 8c (= RM 160:360)

Notas


Texto
  • *

    Talvez esta composición estea incompleta.

  • 2

    A expresión en casa d’el-rei (cfr. a moi frecuente formulación apocopada cas d’el-rei) só presenta outra ocorrencia no corpus profano, nunha tençon entre Lourenço e Rodrig’Eanes: nen cho colherán en casa d’el-rei (1442.28).

  • 5-6

    A lección de BV levaría a un texto que, isolado do contexto, podería ser aceptábel:

    doede-vos vós do meu mal,
    porque vos lev’e non por al.

    No entanto, o sentido xeral do texto solicita o texto que xa Nunes propuxo na súa edición e que contempla a troca de orde dos elementos, erro que se acha puntualmente nos apógrafos italianos.

  • 6

    A lección dos apógrafos italianos mostra un evidente erro na interpretación do pronome vós, necesariamente tónico neste contexto, que comparece nos manuscritos como unha forma átona <uꝯ>, cun erro que ás veces se rexistra nos tres grandes cancioneiros. Así, en BV, pode verse a lección errada coincidente tamén en 402.11, 16 e 17 (cfr. <uos> na v. 5), 791.13, 840.17, 855.13, 920.14, 929.r1 (vv. 5, 11 e 17), 1052.5, 1111.11, 1195.15, 1264.6 etc.; do mesmo xeito, aparece en cantigas transmitidas só por un dos cancioneiros italianos: 183.17 e 185.21 (en B); 1013.1 (en V). Porén, o lapso de copia rexístrase tamén no Cancioneiro da Ajuda fronte ao Cancioneiro da Biblioteca Nacional (vós<uꝯ> A : <uos> B) en 72.13, 88.20, 90.16, 133.10, 134.24, 138.14, 315.8; e aínda existe outra pasaxe con diferente lección conforme os manuscritos: 1022.7 (<uꝯ> V vs. <uos> B).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado