1217 [= RM 110,4]
San Clemenço do Mar

San Clemenço do Mar,
se mi del non vingar,
non dormirei.
San Clemenço, Senhor,
se vingada non for,
non dormirei.
Se vingada non for
do fals’e traedor,
non dormirei.
 
 
 
 
5
 
 
 
 

Manuscrits


B 1201, V 806

Edicions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 387 [= LPGP 702]); Cohen (2003: 434); Littera (2016: II, 199-200); Eirín (2022: 162).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 276); Braga (1878: 151); Machado & Machado (1956: V, 306); Monteagudo (1998b: 144); Pena (1998c: 108); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Pellegrini (1928: 36); Nemésio (1961 [1949]: 162); Fernández Pousa (1951: 93); Nunes (1959: 370); Álvarez Blázquez (1975: 181); Landeira Yrago (1975: 89); Torres (1977: 380).

Variants manuscrites


1 Clemenço] clemenco B : oremenço V; mar] mal V   4 Clemenço] clemēco B : demenço V   5 vingada] ningada B

Variants editorials


Nunes e Littera acrecentan unha nova estrofa (hipotética), que constituíría a terceira cobra:

      [Se mi d’el non vingar,
      do fals’e desleal,
      non dormirei].

Paràfrasi


(I) San Clemenzo do Mar, se me non vingar del, non dormirei.

(II) San Clemenzo, Señor, se non for vingada, non dormirei.

(III) Se non for vingada do falso e do traidor, non dormirei.

Mètrica


Esquema métrico: 3 x 6a 6a 4B (= RM 26:109)

Notes


Text
  • *

    A reconstrución dunha hipotética cobra perdida por parte de Nunes e Littera ten un inevitábel carácter arbitrario, sen base textual e documental, dado que nos apógrafos italianos non se observan marcas ou espazos en branco que permitan supor a falta de texto.

  • 1

    San Clemenço do Mar fai referencia á ermida desta advocación que se encontra na Illa do Santo do Mar na costa de Marín (na parroquia de Ardán) (véxase Souto Cabo 2018: 89). Neste sentido, nótese que en Nunes e Cohen e mais Littera o sintagma determinativo do mar non está integrado no topónimo, que supón unha interpretación tamén lexítima da lección dos manuscritos.

    Sobre o tratamento evolutivo do grupo cl- en Clemenço (tamén no v. 4) véxase nota a 1216.18.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat