736 [= RM 29,2]
Se oj’o meu amigo

Se oj’o meu amigo
soubess’, iria migo:
e[u] al rio me vou banhar[e],
al mare.
Se oj’el este dia
soubesse, migo iria:
eu al rio me vou [banhare,
al mare].
Quen lhi dissess’atanto,
ca ja filhei o manto!
Eu al rio me vou [banhare,
al mare].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 721, V 322

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 142 [= LPGP 245]); Morabito (1987: 19); Cohena (2003: 208); Littera (2016: I, 253); Cohenb (2016b: 11).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 128); Braga (1878: 62); Machado & Machado (1953: IV, 17).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 221); Pellegrini (1928: 25-26); Cidade (1941: 25-26); Seoane (1941: 75-76); Nemésio (1961 [1949]: 210); Nunes (1959: 339-340); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 103); Álvarez Blázquez (1975: 194); Landeira Yrago (1975: 298); Torres (1977: 193); Reckert & Macedo (1980: 221); Fiúza (1981: 99-100); Beltrán (1987: 49); Pena (1990: 169); Jensen (1992: 102); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 49); Gutiérrez (2023: 35).

Variantes manuscritas


3-4 cal rio me uou banhar (al mare) / almare V   9 dissess’] dessess V

Variantes editoriais


3 banhar[e]] banhar Nunes, Morabito, Littera   4 al mare] om. Nunes : [e] al mar Littera   7 banhar[e]] banhar Nunes, Morabito, Littera   8 al mare] om. Nunes : [e] al mar Littera   11 banhar[e]] banhar Nunes, Morabito, Littera   12 al mare] om. Nunes : [e] al mar Littera

Paráfrase


(I) Se hoxe o meu amigo o soubese, iría comigo: eu ao río me vou bañar..., ao mar.

(II) Se el hoxe o soubese, comigo iría: eu ao río me vou bañar..., ao mar.

(III) Quen lle dixese tal, que xa collín o manto! Eu ao río me vou bañar..., ao mar.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 6’a 6’a 8’B 2’B (= RM 37:61)

Encontros vocálicos: 6 migo‿iria

Notas


Texto
  • 3

    Nótese a aparición da crase al, produto do encontro da preposición a+lo, forma antiga do artigo (tamén nas cantigas 903 e 1202), nunha cantiga de amigo que procura unha estética arcaizante (cfr. nota a 587.3). Do mesmo xeito, a aparición desta contracción no refrán das cantigas 494 e 1347, de carácter escarniño, tamén obedece á mesma motivación.

  • 3-4

    Nesta cantiga rexístrase unha das escasísimas aparicións da parágoxe, ben transmitida no segundo verso do refrán (al mare), feito que condiciona a súa reintegración na palabra rimante do verso anterior (banhar[e]). Porén, en Littera é apagado o fenómeno, a ignorar a clara lección al mare do segundo verso do refrán, modificado coa adición dunha copulativa inicial e coa anulación da parágoxe.
    Este fenómeno fonético, característico do rexistro oral, no ámbito lingüístico galego-portugués aparece especialmente tras consoante soante en posición final (/l/, /ɾ/, /n/), mais tamén tras /s/. Véxase especialmente a cantiga 1165, de Joan Zorro, que presenta a parágoxe tras /l/, /r/ e /s/ en todos os versos do corpo da estrofa:

              El-rei de Portugale

              barcas mandou lavrare,

               e lá iran nas barcas migo

               mia filha e voss’amigo.

     

              El-rei portug[u]eese

              barcas mandou fazere,

               e lá iran nas barcas migo

               [mia filha e voss’amigo].

     

              Barcas mandou lavrare

              e no mar as deitare,

               e lá iran [nas barcas migo

               mia filha e voss’amigo].

     

              Barcas mandou fazere

              e no mar as metere,

               e lá iran [nas barcas migo

               mia filha e voss’amigo].

    Para alén desta cantiga, tras /n/ a parágoxe aparece tamén na cantiga 1572, de Fernan Soarez de Quinhones, onde se rexistra tamén no verso de enlace co refrán (cfr. Zorzelhone, v. 6; sazone, v. 12; Gordone, v. 18; vençone, v. 24; Leone, v. 30):
              Ai amor, amore de Pero Cantone,
              que amor tan saboroso á sen tapone!

  • 5

    A expresión oj’este dia, locución adverbial equivalente a ‘hoxe’, é a formulación xeral corpus trobadoresco (520.7, 715.4, 983.7, 1288.1, 1467.5), aínda que pode aparecer sen a presenza do demostrativo (oje dia cuidades que venha?, 682.3), ou con interpolacións, como acontece neste contexto (cfr. Se oj’el este dia). En calquera caso, resulta significativo que hoj’este dia represente exactamente o hodie latino (> hoje), pois procede de hoc die ‘(n)este día’.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado