I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 607); Stegagno Picchio (1968: 150 [= LPGP 626]); Littera (2016: II, 91).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 177); Machado & Machado (1960: VII, 68); Arbor Aldea (2016b).
3 devedes a] deve d’ ess’ a Michaëlis
[...] mais ambos faredes niso o mellor, xa que, cando un home serve ben a un bo señor, un bo galardón debedes levar.
Esquema métrico: [...] 10a 10a 10b
A cantiga, fragmentaria, e da que só foron transmitidos os tres versos finais, cópiase no f. 85r de A, tras unha lacuna material que se verifica entre este folio e o anterior, o 84v (véxase comentario á cantiga precedente, nº 894). Sen correspondencia nos apógrafos italianos, como as tres pezas seguintes deste ciclo, debe ser da autoría de Martin Moxa, trobador a que BV lle atribúen o poema nº 887, que pecha ese breve ciclo de textos, Amor non qued’eu amando (B 895, V 480), polo menos no estado actual dos manuscritos.