101 [= Tav 78,17]
Per com’Amor leixa viver

Per com’Amor leixa viver
mí non se dev’i d’esforçar
omen contra el, nen cuidar
que non faz quanto quer fazer,
ca tod’el faz come senhor,
e, por fazer a mí peor,
por én me non leixa morrer.
 
 
 
 
5
 
 

Manuscritos


B 128

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 751 [= LPGP 519]); Littera (2016: I, 644).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 47-48); Machado & Machado (1949: I, 182-183); Rios Milhám (2017: I, 101).

Variantes manuscritas


2 mj nō sey de uida efor cear B   7 morrer] moirer B

Variantes editoriais


2 non se dev’i d’esforçar] non sei; nen val revelar Michaëlis, Littera

Paráfrase


(I) Por como Amor me deixa a min vivir non debe ninguén por iso gañar ánimos contra el, nin pensar que non fai canto quere facer, pois el todo o fai como señor, e, por me facer a min o peor, por iso non me deixa morrer.

Métrica


Esquema métrico: 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8a (= Tav 161:257)

Notas


Texto
  • *

    Non se pode excluír que esta cantiga chegase incompleta a nós.

  • 2

    A (errada) lección manuscrita é reescrita e reinterpretada imaxinativamente por Michaëlis afastándose en exceso da literalidade de B. En calquera caso, a presente proposta procura intervir no mínimo na lección do manuscrito, aínda que tamén se podería propor outra alternativa textual para este verso: , non se dev’i a‿esforçar.

    Ademais, o pronome , como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado