I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 750 [= LPGP 522-523]); Littera (2016: I, 644).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 47); Machado & Machado (1949: I, 181-182); Rios Milhám (2017: I, 100).
6 morrer] moirer B 9 alongar] alongʷr B 13 prazer-m’-ia de morrer] prazer mha de moirer B
10 vos] vus Michaëlis 11 vos] vus Michaëlis 13 [eu] ante] ante [eu] Michaëlis : ante [nom] Littera
(I) Oxalá Deus me deixe recibir ben de vós, miña señora, e sentirme contento! Moito me pesa vivir porque vivo a pesar de vós, pero non podo facer outra cousa; mais praceríame morrer se Deus mo quixese así dispor, (II) porque eu non podo sufrir coita, señora, por ningunha outra cousa, porque me queredes privar de vos ver e de vivir convosco e de vos falar; nin Deus me pode quitar a coita sen eu morrer antes, porque non me quere conceder o voso ben.
Esquema métrico: 2 x 8a 8b 8a 8b 8a 8a 8b (= RM 60:2)
Encontros vocálicos: 7 mi-‿o
Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda desta composición (non considerado nas edicións de Michaëlis e de Littera), con estrofas ligadas causalmente coa conxunción ca, véxase nota á cantiga 15.
O verbo gradoar ‘alegrarse, estar satisfeito, congratularse’, do lat. gratulāri, ten un uso limitado no corpus das cantigas: 824.1, 896.18, 1065.28, 1139.4, 1174.13, 1268.1. Ausente da produción prosística (véxase CGPA, s.v.), só existe unha atestación nas Cantigas de Santa Maria:
Ond’avẽo pois assy que en Beja, u morava
un ome casado ben con sa moller que amava,
almoxerife del Rey era el, e confiava
muit[o] en Santa Maria; mais avia gran tristura
Porque non podi’aver fillo de que gradoasse
e que pos sa mort’en seu aver erdeiro ficasse (CSM 224.25).
A grafía <prazer mha> de B indica, en principio, unha interpretación prazer-mi-á, en futuro; con todo, tal lectura levanta un problema de hipometría versal para alén de romper a consecutio temporum, que solicita a estrutura pospretérito (prazer-m’-ia, v. 6) - pretérito de subxuntivo (quisesse, v. 7). É por isto que, en liña con Michaëlis, optamos por considerar a existencia dun erro de copia en B (<mha>/<mia>).
O feito de que na única aparición de ante eu no corpus haxa sinalefa (71.25) aconsella anticipar o pronome (reconstruído) ao adverbio, como, por outra parte, é costume na lingua trobadoresca (166.22, 227.7, 1099.6 etc.). A opción de Littera, por outra banda, introduce unha negación que tamén condí co contexto; de calquera modo, do punto de vista paleográfico é máis factíbel a omisión de <eu> nunha secuencia <sen eu>.