1187 [= RM 85,17]
Que olhos son que vergonha non an

Que olhos son que vergonha non an,
dized’, amigo d’outra, ca meu non;
e dized’ora, se Deus vos perdon,
pois que vos ja con outra preço dan,
com[o] ousastes viir ant’os meus
olhos, amigo, por amor de Deus?
Ca [a] vós ben vos devi’a nembrar
én qual coita vos eu ja por mí vi,
fals’, e nembra[r]-vos qual vos fui eu i;
mais, pois con outra fostes começar,
com[o] ousastes viir ant’os meus
olhos, [amigo, por amor de Deus?]
Par Deus, falso, mal se mi gradeceu,
quando vós ouverades de morrer
se eu non fosse, que vos fui veer;
mais, pois vos outra ja de min venceu,
com[o] ousastes viir ant’os meus
[olhos, amigo, por amor de Deus?]
Non mi á máis vosso preito mester,
e ide-vos ja, por Nostro Senhor,
e non venhades nunca u eu for;
pois começastes con outra molher,
com[o] ousastes viir ant’os meus
[olhos, amigo, por amor de Deus?]
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 1170, V 776

En B falta a estrofa III.

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 361 [= LPGP 583]); Reali (1964: 34); Cohen (2003: 404); Littera (2016: II, 36).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 267); Braga (1878: 146); Machado & Machado (1956: V, 266-267).

Variantes manuscritas


2 dized’amigo] Dizadamigo B : dizadamigo V   3 perdon] pardon B   4 vos] uus V; preço] p̃zo V   6 ant’os] antus V   8 én] Ende B : ende V   8-9 vos ... / ... qual] om. B   10 começar] comezar V   13-18 om. B   13 gradeceu] gradezeu V   16-17 venceu, / com[o] ousastes] uenzeu / (uenzeu) / como (s)u sastes V   17 ant’os] antus V   22 começastes] comezastes V

Variantes editoriais


3 vos] vus Reali; perdon] pardon Cohen   4 vos] vus Reali   5 com[o] ousastes viir ant’os meus] com’ousastes [vós] viir ant’os meus Nunes : com’ousastes viir ant’us meus Reali   7 Ca [a] vós ben vos devi'a nembrar] C’ a vós ben vos devia [a] nembrar  Nunes : Ca vós ben vus devia nenbrar Reali : Ca vós ben vos devia<des> nembrar Cohen : Ca vós bem vos devía[des] nembrar Littera   8 én] en de Reali : em Littera; vos] vus Reali   9 nembra[r]-vos qual vos] nembrá-vus qual vus Reali   11 com[o] ousastes viir ant’os meus] com’ousastes [vós] viir ant’os meus Nunes : com’ousastes viir ant’us meus Reali   15 vos] vus Reali   16 vos outra ja de min] vus outra de min Reali   17 com[o] ousastes] com’ousastes [vós] Nunes : com’ousastes Reali   18 olhos] olhus Reali   20 vos] vus Reali   23 com[o] ousastes viir ant’os meus] com’ousastes [vós] viir ant’os meus Nunes : com’ousastes viir ant’us meus Reali

Paráfrase


(I) Que ollos son os que non teñen vergoña, dicide, amigo doutra, que non meu, e dicide agora, así Deus vos perdoe, pois din que andades con outra, como ousastes vir perante os meus ollos, amigo, por amor de Deus?

(II) Pois a vós ben vos debía lembrar a coita en que vos eu xa por min vin, falso, e (debíavos) lembrar como me portei convosco daquela; mais, pois fostes iniciar relacións con outra, como ousastes vir perante os meus ollos, amigo, por amor de Deus?

(III) Por Deus, falso, mal me agradecestes que vos fose ver, cando morreriades se eu non fose; mais, pois outra vos gañou fronte a min, como ousastes vir perante os meus ollos, amigo, por amor de Deus?

(IV) Non preciso máis do voso amor, e ídevos xa, por Noso Señor, e non veñades nunca onde eu estiver; xa que comezastes relacións con outra muller, como ousastes vir perante os meus ollos, amigo, por amor de Deus?

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:158)

Encontros vocálicos: 19 miá má·is

Notas


Texto
  • 2

    Xulgamos que a puntuación de Littera para este verso (liga dizede ... d’outra) non é axeitada ao contido semántico do inicio da cantiga, en que a amiga interpela ao amigo infiel:
              Que olhos som que vergonha nom ham,
              dized, amigo, doutra ca nom meu.

  • 3

    Emendamos a forma *pardon (<pardō>) de B, lección exclusiva (errada face a perdon, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrari 1979: 83-85), pois, de case sesenta aparicións de tal forma nese códice, só dúas se atribúen a outros copistas (859.6, copista b; 952.9, copista e): esta solución constitúe, por tanto, un simple lapso que tamén pode aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).

  • 4

    Nótese a perfecta equivalencia entre preço (tamén no v. 2) e o provenzalismo prez.

    Por outra banda, a relativa frecuencia da terminación gráfica -us no Cancioneiro da Vaticana en voces en que é xeral a terminación -os alcanza tamén ao pronome persoal vos, que por veces aparece como <uus> (cfr. un antecedente <uꝯ>), tal como acontece tamén no Cancioneiro da Ajuda.

  • 5

    A métrica suxire a necesidade de reintegrar a vogal de como, desaparecida no proceso de copia por contigüidade (com[o] ousastes), aínda que Reali respecta a lección dos manuscritos e estabelece unha irregularidade métrica no primeiro verso do refrán.

  • 6

    É relativamente frecuente no Cancioneiro da Vaticana a presenza da terminación -us en voces en que é xeral a terminación -os (<us>, artigo, vv. 6 e 17, para alén do máis frecuente <uus>, v. 4); esta grafía aparece case de modo exclusivo en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

  • 7

    Perante a hipometría deste verso a opción máis económica é recuperar a preposición a, omitida por contigüidade na copia e necesaria para introducir o CI. Nótese tamén a solución de Cohen (tamén en Littera), coa conversión de vós en suxeito e a inevitábel emenda devia[des].

  • 8

    A aparición de ende por én é relativamente frecuente nos apógrafos italianos (204.16, 798.18, 1187.8, 1229.10, 1538.10) por máis que Reali a mantivese na súa edición; ás veces emendada no Cancioneiro da Ajuda, que transmite en xeral mellores lecturas: de lhe fogir, ca non ei én [<endo> B = end’o] poder (201.10). Neste caso, a hipermetría do verso delata a forma errada dos manuscritos, lida como preposición en Littera (em).

  • 9

    Neste verso debemos considerar elíptico o verbo dever: «Ca [a] vós ben vos devi’a nembrar / én qual coita vos eu ja por mí vi, / fals’, e (devi’a) nembra[r]-vos qual vos fui eu i».

  • 19

    A medida decasilábica do verso esixe a contaxe bisilábica de mais (Ferreiro 2016c), xa que a secuencia mi‿á constiúe, de regra, unha sinalefa. Porén, tamén se podería considerar a omisión da conxunción copulativa inicial da estrofa (véxase nota a 1183.14).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado