1304 [= RM 39,1]
D’ir a Santa Maria do Lag’ei gran sabor

D’ir a Santa Maria do Lag’ei gran sabor,
e pero non irei ala se ant’i non for,
irmana, o meu amigo.
D’ir a Santa Maria do Lag’é-mi gran ben,
e pero non irei ala se ant’i non ven,
irmana, [o meu amigo].
Gran sabor averia [e]no meu coraçon
d’ir a Santa Maria se i achass’enton,
irmana, [o meu amigo].
Ja jurei noutro dia, quando m’ende parti,
que non foss’a la ermida se ante non foss’i,
irmana, [o meu amigo].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 1288, V 893

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 446-447 [= LPGP 280-281]); Toriello (1976: 102); Cohen (2003: 522); Littera (2016: I, 301).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 304); Braga (1878: 167); Machado & Machado (1958: VI, 10); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 37); Nunes (1959: 308-309); Oliveira & Machado (1959: 126-127); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 56).

Variantes manuscritas


1 D’ir] Diz V; gran] g̃ra B   2 e] et V   4 D’ir] V dir V; gran] grã B   5 e pero] et ro V; ant’i] ant̃r V; ven] isē B : asē V   7 Gran] grã B   8 i] by V   10 Ja jurei noutro] + a iurey noutra B : ia uirey noutro V; quando m’ende parti] qn̄dome de parci V   11 foss’a la] faliala V; se] ca B : De V   11-12 foss’i, / irmana] fossi (ir) / Jrmana B

Variantes editoriais


1 Santa] Sancta Toriello   3 irmana] irmãa Nunes   4 Santa] Sancta Toriello   6 irmana] irmãa Nunes   8 Santa] Sancta Toriello   9 irmana] irmãa Nunes   10 ende] end’e<u> Cohen   12 irmana] irmãa Nunes

Paráfrase


(I) De ir a Santa María do Lago teño gran desexo, aínda que non irei alá se antes alí non vai, irmá, o meu amigo.

(II) De ir a Santa María do Lago éme moito ben, aínda que non irei alá se antes alí non vén, irmá, o meu amigo.

(III) Gran pracer tería no meu corazón de ir a Santa María se alí encontrase entón, irmá, o meu amigo.

(IV) Xa xurei o outro día, cando me fun de alí, que non iría á ermida se antes non fose alí, irmá, o meu amigo.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 13a 13a 7’B (= RM 26:31)

Encontros vocálicos: 11 laermida

Notas


Texto
  • *

    No relativo á disposición métrica da cantiga, seguimos a explícita apostila de Colocci (13 syll), tal como as tradicionais edicións do texto.

    No entanto, Montero Santalha propón unha outra organización textual, co primero verso de cada estrofa como palavra perduda, mais con rima interestrófica (-ia):

    D’ ir a Santa Maria

    do Lag’ hei gram sabor;

    e pero nom irei alá se ant’ i nom for,

    irmãa, o meu amigo.

     

    D’ ir a Santa Maria

    do Lag’ é-mi gram bem;

    e pero non irei alá se ant’ i nom vem,

    irmãa, o meu amigo.

     

    Gram sabor averia

    [e]no meu coraçom

    d’ ir a Santa Maria se i achass’ entom,

    irmãa, o meu amigo.

     

    Já jurei noutro dia,

    quando m’ ende parti,

    que non foss’ a la_ermida se ante nom foss’ i,

    irmãa, o meu amigo.

  • 1

    A ermida de Santa María do Lago non está localizada, embora con certa probabilidade se refira ao lugar de Lago (Morgadáns, concello de Gondomar, en Pontevedra), ou, alternativamente, en San Martiño do Lago (Maside, Ourense), entre outras posibilidades varias (Souto Cabo 2018: 90-91).

  • 2

    A locución conxuntiva de valor concesivo e pero ‘aínda que’ presenta un uso regular ao longo de corpus.

  • 3

    A forma irmana do refrán, como outras que aparecen con frecuencia nas cantigas de amigo, mostra a conservación de -n- intervocálico (avelana, Granadalouçanavenia etc.), sen dúbida como elemento retórico arcaizante propio deste xénero (véxase Ferreiro 2008b); con todo, e de modo esporádico, rexístrase tamén noutro tipo de composicións (véxase 429.r8 e 473.4).

  • 7

    A minoritaria forma eno aparece con certa frecuencia no sintagma eno meu coraçon (64.7, 65.5, 103.6, 175.10, 299.3, 311.3 etc.), circunstancia que favorece a súa escolla para salvar a hipometría do verso. Ademais, ao longo dos cancioneiros detéctase con frecuencia a presenza de no(s) ~ na(s) en B cando A achega a lección correcta eno(s) ~ ena(s) (véxanse 66.9, 164.r2, 217.11, 227.4, 278.21, 355.8).

  • 11

    Para alén de irmana no refrán da cantiga, nótese a presenza da antiga forma do artigo con /l/ en posición posvocálica, que respondería á vontade de procurar unha retórica arcaizante na elaboración das cantigas de amigo (véxase Ferreiro 2008b, 2013), igual que acontece noutros moitos textos (609, 704, 735, 781, 825, 864, 891, 892, 9039691130, 1166, 1167, 1169, 1201, 12061281, 1294, 1297, 1299 e 1314) e do mesmo xeito que se verifica coas correspondentes formas pronominais (véxase nota a 586.5).

    Canto ao erro dos apógrafos italianos (<ca> B, <De>), a única emenda posíbel desde o punto de vista semántico e sintáctico é a conxunción condicional se.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado