I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 448 [= LPGP 432]); Cohen (2003: 524); Littera (2016: I, 501).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 304); Braga (1878: 167); Machado & Machado (1958: VI, 12); García (2001: 53); Montero Santalha (2004); Vázquez García (2016: 166).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 310); Álvarez Blázquez (1975: 148-149); Landeira Yrago (1975: 164).
3 verria] ueiria B 7 coraçon] coracon B 15 veer] ue\h/er B
En Cohen e Littera os catro versos do corpo da estrofa estrutúranse en dous versos longos de 14 sílabas.
1-2 A Far[o] un dia / irei, madre, se vos prouguer] A Far’un dia irei / [eu, mia] madre, se vos prouguer Nunes 3 verria] veerei Nunes 7 desej’eu] desejei Cohen
(I) A Faro irei un día, madre, se vos prouguer, rogar que veña o meu amigo, que me ama, e direille eu entón a coita do meu corazón.
(II) Moito desexo eu que viñese o meu amigo, que estas penas me deu, e que falase comigo, e direille eu entón a coita do meu corazón.
(III) Se el se quixese lembrar de como fiquei namorada e se viñese logo e eu, fermosa, o vise, fermosa, direille eu entón a coita do meu corazón.
Esquema métrico: 5’a 8b 5’a 8b 6C 8C (I [= RM 99:78]) + 6a 7’b 6a 7’b 6C 8C (II-III [= RM 99:79])
Nótese a complexidade métrica da composición, con dous esquemas diferentes e coas equivalencias métricas derivadas da lei de Mussafia. En calquera caso, Nunes segmentou erradamente o v. 1:
A Far'un dia irei
[eu, mia] madre, se vos prouguer,
rogar se veerei
meu amigo, que mi ben quer, / ...
Após Nunes, as edicións de Cohen e Littera formalizan a presentación da cantiga con dous versos longos antes do refrán. No entanto, e como noutros casos, aplicamos o principio da rima como elemento vertebrador do texto.
Faro refírese á ermida de Santa María do Faro, en Chantada, Lugo.
A lectura de Cohen (desejei vs. desej’eu) non ten apoio textual nos manuscritos.
Como acontece noutras pasaxes similares, a copulativa inicial do refrán da estrofa III é expletiva por causa da construción sintáctica do corpo desta estrofa, de modo que direi ten de ser o verbo principal de todo o período.