1309 [= RM 67,2]
Amiga, quen oje ouvesse

Amiga, quen oje ouvesse
mandado do meu amigo
e lhi ben dizer podesse
que veesse falar migo
ali u sempre queria
falar mig’e non podia!
Se de mí ouver mandado,
non sei ren que o detenha,
amiga, pelo seu grado,
que el mui cedo non venha
ali u sempre queria
[falar mig’e non podia].
E foi mig’outra vegada:
atende-lo-ei, velida,
fremosa e ben-talhada,
en Far[o], ena ermida,
ali [u sempre queria
falar mig’e non podia].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1293, V 898

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 451 [= LPGP 433]); Cohen (2003: 527); Littera (2016: I, 503).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 305); Braga (1878: 168); Machado & Machado (1958: VI, 15); García (2001: 56); Montero Santalha (2004); Vázquez García (2016: 167).
III. Antoloxías: Seoane (1941: 130-131); Fernández Pousa (1951: 46-47); Nunes (1959: 312-313); Álvarez Blázquez (1975: 147); Landeira Yrago (1975: 165); Gutiérrez (2023: 139, 303).

Variantes manuscritas


1 oje ouvesse] oie soubesse BV   4 que veesse] que (s) uehesse V   9 seu] seo V

Variantes editoriais


En Cohen, o corpo da estrofa está disposta en dous versos longos de 15 sílabas.

1 oje] oj’ Nunes   13 E foi] U foi Nunes, Cohen, Littera

Paráfrase


(I) Amiga, quen me dera hoxe ter novas do meu amigo para lle poder dicir que viñese falar comigo alí onde sempre quería falar comigo e non podía!

(II) Se lle chega un aviso meu, non sei de nada que o deteña, amiga, e que el non veña logo, polo seu propio desexo, alí onde sempre quería falar comigo e non podía.

(III) E estivo comigo noutra ocasión: esperareino, bela, fermosa e ben feita, no Faro, na ermida, alí onde sempre quería falar comigo e non podía. 

Métrica


Esquema métrico: 7’a 7’b 7’a 7’b 7’C 7’C (= RM 99:72)

Encontros vocálicos: 1 ojeouvesse

Notas


Texto
  • 1-2

    Nos apógrafos italianos produciuse unha confusión entre aver mandado e saber mandado: no presente contexto, a métrica esixe a emenda da lección de BV e a conseguinte sinalefa; a emenda apóiase, ademais, na presenza de aver mandado no v. 7: Se de mí ouver mandado. Cfr. aver mandado en 582.2 (e 5), 821.7, 1137.8 (e 12), 1142.7, 1206.5, 1211.1 e 7, 1296.1 (e 4).

  • 13

    Unha puntuación alternativa evita os cambios que Nunes, Cohen e Littera introducen neste verso, que se converte así na cláusula subordinada de atenderei (v. 14).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado