I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 555); Blasco (1984: 233 [= LPGP 829]); Lopes (2002: 405); Marcenaro (2012b: 346); Littera (2016: II, 367-368).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 336); Braga (1878: 184-185); Fernández Pousa (1953: 29-30); Machado & Machado (1958: VI, 108-109).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 399-400); Fonseca (1971: 23); Tavares & Miranda (1987: 328-329); Ferreira (1988: 99); Sansone (1990: 194); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 202); Arias Freixedo (2003: 763-764); Marcenaro (2006: 216-218); Magalhães (2007: 135).
2 vos] uꝯ B 4 façades] facades B : fazades V 5 entouque] entonque B 6 correga] Coirega B 11 fremosa] fermosa B 13 correger] coireger B 20 correga] coirega B : corroga V
2 vos ... vos] vus ... vus Blasco 3 vos] vus Blasco 4 vos] vus Blasco 5 vos] vus Blasco 6 vos] vus Blasco 11 fremosa] fermosa Lopes 12-14 [e], se cada que s’a touca torcer, / se log’ouverdes quen vos correger / as feituras] se, cada que essa touca torcer- / -se, log’ouverdes quen vos correger / as feituras Lapa, Marcenaro : se cada que <e>ssa touca torcer / se, log’ ouverdes quen vus correger / as feyturas Blasco : se, cada que essa touca torcer- / -se, log’houverdes quem vos correger / as feituras Lopes 16 vos] vus Blasco 18 vos] vus Blasco
(I) Aínda que vós, doncela, me queredes mal porque vos amo, aconsellareivos que, xa que non sabedes colocar ben a touca, que fagades canto vos eu direi: buscade quen vos poña a touca mellor e vos corrixa, polo meu amor, as feituras e a figura que tendes.
(II) E se fixerdes isto, teredes, así me valla o Noso Señor, un belo rostro e unha boa figura, e seredes moi fermosa e de boa cor; e se cada vez que a touca se torce tivésedes logo quen vos corrixise as feituras, moi fermosa pareceredes.
(III) Ai, miña señora, por Deus en quen credes, pois non vos ouso rogar por outra cousa, xa que sempre traedes a touca mal posta, crédeme o que eu vos aconsello: en vez de que vola recoloque alguén, corríxavos moi ben as feituras e o falar, e, se non, non faledes.
Esquema métrico: 3 x 10’a 10b 10’a 10b 10c 10c 10’a (= RM 100:36)
Encontros vocálicos: 9 valha‿a
Esta cantiga está incluída no conxunto de composicións escarniñas de Pero Garcia Burgales (UC 1390-1403), feito indicado pola rúbrica que antecede UC 1390: Pero Garcia fez estas cantigas, e son d’escarnh’e de mal dizer.
O verbo entoucar só o localizamos nas cantigas profanas; fóra delas a única forma da súa familia lexical é entoucado (véxase CGPA, s.v.).
Obsérvese a repetición da conxunción completiva que tras unha frase parentética:
... conselhar-vos-ei
que, pois vos vós entoucar non sabedes,
que façades quanto vos eu direi: / ...
A forma correga (P3 do presente de subxuntivo de correger) mostra a irregularidade fonética que se produciu na evolución dos verbos latinos en -gere, en que a P1 do presente de indicativo e o presente de subxuntivo presentan /g/ fronte ao /ʒ/ nas restantes persoas da conxugación verbal deses verbos (cfr. correger, vv. 13, 19). Cfr. nota a 761.5-6. Véxase Ferreiro (1999: §192b).
Este período presenta unha estrutura sintáctica anómala nas edicións precedentes, que resolven a hipometría do v. 12 coa integración [e]ssa, ao tempo que estabelecen unha tmese versal cunha anómala posposición do clítico. Eis o texto a partir da versión lapiana:
se cada que essa touca torcer-
-se, log’ ouverdes quen vos correger
as feituras, mui ben pareceredes.
Porén, a partir das reflexións de Ferreiro (2014c: 88) –aceptadas en Littera–, o período fica máis coherente cunha integración dunha copulativa inicial no v. 12, xunto coa segmentación do artigo na secuencia <ssa> BV, de modo que a consecutio temporum é perfecta entre a subordinada condicional en futuro de subxuntivo e o verbo principal en futuro de indicativo (se torcer, se ouverdes ... pareceredes).
Téñase en conta, ademais, que a reintegración da conxunción e en posición inicial de verso responde á frecuente omisión da copulativa por erro de copia, como mostran os abondosos casos en que algún dos manuscritos ofrece a lección correcta: A vs. B (65.29, 117.12, 165.10, 174.12 etc.), B vs. V (424.14, 1195.16 etc.), V vs. B (403.6, 1614.20 etc.). E noutros casos, a métrica e/ou o sentido indica a necesidade da recuperación da copulativa (véxase 6.14, 60.27, 103.18, 110.3 e 17, 230.5, 271.5 etc.). Cfr. nota a 42.15 e 274.19.