I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 52-53 [= LPGP 204]); Nunes (1972 [1932]: 170-171); Littera (2016: I, 200).
II. Outras edicións: Moura (1847: 89-90); Monaci (1875: 58); Braga (1878: 28); Machado & Machado (1952: III, 134); Júdice (1997: 132); Montero Santalha (2004).
3 meu] meo B 5 de] do B; praz] prax B; fazer] faxer B 10 fazerdes] faxer des B 14 vossa] nossa B 15 ou] o B
En Lang o refrán está constituído polos vv. 4-5 de cada estrofa, mentres Nunes fala en nota dun refrán constituído por un único verso (v. 4).
5 de que] do que Littera
(I) Nunca vos ousei dicir o moito que vos sei amar, señora deste meu corazón; mais velaquí estou na vosa prisión, tal como vos prace terme.
(II) Nunca vos dixen nada de canto mal me vén por causa de vós, señora deste meu corazón, mais velaquí estou na vosa prisión, (á espera) de me facerdes ben ou mal.
(III) Nunca me atrevín a contarvos o mal que me facedes levar, señora deste meu corazón; mais velaquí estou na vosa prisión, (á espera) de me salvardes ou me matardes.
(1) E, señora, a coita e non outra cousa me forzou a vos ir falar.
Esquema métrico: 3 x 8a 8a 8B 8B 8a + 8b 8a (= RM 38:2)
Aque é un adverbio presentativo (‘eis, velaí’) de uso limitado no corpus profano: 52.24, 244.5, 246.6, 268.8, 857.1, 1641.18. Debe ser forma oxítona, pois nas Cantigas de Santa Maria aparece en rima aguda (con fe, é, sé e pé):
... E en pe
sse levou e diss’: «Aque
m’estou tod’aprestidado
De log’ir» (CSM 135.109).E diz un a outr’: «Aque o
angeo que ven do ceo,
que alça aquele veo
e faz no aire parar» (CSM 405.36).
Nótese a omisión do artigo («unca vos ousei a contar / [o] mal que mi fazedes levar») que por veces se manifesta no corpus. Eis algunhas pasaxes:
E, ja que vos comecei a dizer
ben que vos quero, quero-vos rogar
que vos non pes... (237.16);
ca, de pran, est’é oje máis de ben
que ei (242.15);
Nunca vos ousei a contar
mal que mi fazedes levar (553.11-12);
tornade-vos máis cedo que poderdes (832.3) etc.