595 [= RM 25,52]
Non poss’eu, meu amigo

– Non poss’eu, meu amigo,
con vossa soidade
viver, ben vo-lo digo;
e por esto morade,
amigo, u mi possades
falar e me vejades.
Non poss’, u vos non vejo,
viver, ben o creede,
tan muito vos desejo;
e por esto vivede,
ami[go, u mi possades
falar e me vejades].
Naci en forte ponto,
e, amigo, partide
o meu gran mal sen conto;
e por esto guaride,
amigo, [u mi possades
falar e me vejades].
– Guarrei, ben o creades,
senhor, u me mandardes.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 578, V 181

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 83 [= LPGP 201]); Nunes (1973 [1928]: 30); Cohen (2003: 613); Littera (2016: I, 227).
II. Outras edicións: Moura (1847: 156-158); Monaci (1875: 72-73); Braga (1878: 36-37); Machado & Machado (1952: III, 211); Cohen (1987: 72-73); Júdice (1997: 38); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 43-44); Pimpão (1942: 68); Álvarez Blázquez (1975: 236).

Variantes manuscritas


15 gran] g̃ra B

Variantes editoriais


7 vos] vós Lang   9 vos] vós Lang   18 me] mi Lang, Nunes   20 mandardes] mandades Nunes

Paráfrase


(I) –Eu non podo, amigo, vivir con saudade de vós, ben volo digo; e por isto, morade, amigo, onde me poidades falar e onde me vexades.

(II) Non podo, onde non vos vexo, vivir, crédeo ben, de tanto que vos desexo, e por isto vivide, amigo, onde me poidades falar e onde me vexades.

(III) Nacín en hora má e, amigo, afastade o meu mal sen fin; e por isto morade, amigo, onde me poidades falar e onde me vexades.

(1) –Morarei, crédeo ben, señora, onde me mandardes.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 6’a 6’b 6’a 6’b 6’C 6’C + 6’c 6’c (= RM 99:80)

Encontros vocálicos: 5 amigo,u; 11 amigo,u; 17 amigo,u

Notas


Texto
  • 3

    Ben vo-lo digo é unha frase formularia de tipo aseverativo similar a outras que presentan dizer como núcleo. Véxase nota a 248.13.

  • 8

    Co verbo creer como núcleo, no corpus trobadoresco profano aparecen as frases formularias aseverativas ben o creede, ben o creades e esto creede ben (véxase Glosario, s.v. creer). Cfr. no v. 19 a variante ben o creades.

  • 19-20

    Nótese a rima defectuosa creades - mandardes, igual á que aparece en 1598.15-18 (calçades : pagardes), a formar parte dunha serie de rimas que se caracterizan pola presenza de /ɾ/ nun dos elementos rimáticos: perca : erva : Eva (877.1-7), esforço : alvoroço : moço (1334.1-7), sesta : Meestra (1448.5-8), meestre : preste (1448.25-27), erva : leva (1507.r1-r3). Cfr. notas a 104.34-35, 206.4-6, 383.19-20, 427.5-6, 453.5-6, 494.7-8 e 698.5-6.
    De calquera modo, Nunes sacrificou a forma de futuro de subxuntivo (nunha cláusula temporal con valor condicional) en prol da nivelación rimática, o mesmo que Walter Mettmann, en CSM 341.45-47, que nivelou as rimas mandades : ajades : sabiádes coa emenda da lección <mãdardes(véxase Mettmann 1983: III, 191).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado