601 [= Tav 25,47]
Meu amigo ven oj’aqui

Meu amigo ven oj’aqui
e diz que quer migo falar,
e sab’el que mi faz pesar,
madre, pois que lhi eu defendi
que non fosse, per nulha ren,
per u eu foss’, e ora ven
aqui; e foi pecado seu
de sol põer no coraçon,
madre, passar mia defenson,
ca sab’el que lhi mandei eu
que non fosse, per nulha ren,
[per u eu foss’, e ora ven]
aqui, u eu con el falei
per ante vós, madr’e senhor;
e oimais perde meu amor,
pois lh’eu defendi e mandei
que non fosse, per nulha ren,
[per u eu foss’, e ora ven]
aqui, madr’, e, pois fez mal sén,
d[er]eit’é que perça meu ben.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 584, V 187

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 87-88 [= LPGP 199]); Nunes (1973 [1928]: 36-37); Cohen (2003: 620); Littera (2016: I, 231).
II. Outras edicións: Moura (1847: 168-169); Monaci (1875: 75); Braga (1878: 38); Machado & Machado (1952: III, 219); Júdice (1997: 45); Montero Santalha (2004).

Variantes manuscritas


1 ven] ueu B   4 lhi eu] lheu V   8 põer] poner BV   20 perça] ꝑca V

Variantes editoriais


4 lhi] lh’ Lang, Nunes, Cohen, Littera   8 põer] poner Lang   20 perça] perca Lang

Paráfrase


(I) O meu amigo ven hoxe aquí e di que quere falar comigo, e el sabe que me causa pesar, nai miña, porque lle eu prohibín que andase, de xeito ningún, por onde eu andase, e agora vén (II) aquí; e o seu pecado foi, nai miña, pensar sequera desobedecer a miña prohibición, pois el sabe que eu lle mandei que andase, de xeito ningún, por onde eu andase, e agora vén (III) aquí, onde eu falei con el diante de vós, nai e señora; e desde hoxe perde o meu amor, pois eu prohibinlle e mandeille que andase, de xeito ningún, por onde eu andase, e agora vén (1) aquí, nai miña, e, xa que fixo unha insensatez, é xusto que perda o meu ben.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C + 8c 8c (= Tav 160:329)

Encontros vocálicos: 4 lhi‿eu

Notas


Texto
  • *

    Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición, incluída na relación de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270), véxase nota á cantiga 15. Nótese, por outra parte, como a estrutura vĩir + aqui, do incipit, se repite na transición entre as estrofas ateúdas, salientando o motivo clave do contido.

  • 8

    Nótese a rara coincidencia de B e V na presenza de -n- na forma manuscrita <poner>, simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/, o mesmo que noutras voces que se rexistran, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <bona> bõa e, esporadicamente, en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b. Cfr. nota a 582.3.

  • 9

    Defenson neste contexto significa ‘prohibición’. É voz que non presenta palatalización inducida por iode, como en prijon (vs. prison), derivado do lat. defensiōnem, mais é a forma maioritaria (3.14, 171.15, 627.14, 1320.10, 1332.18), fronte a sinónimos da mesma familia lexical como defesa ~ defensa.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado