613 [= RM 25,48]
Meu amig’, u eu sejo

Meu amig’, u eu sejo
nunca perço desejo
senon quando vos vejo;
e por én vivo coitada
con este mal sobejo
que sofr’eu, ben-talhada.
U quer que sen vós seja,
sempr’o meu cor deseja
vós atá que vos veja;
e por én vivo coitada
con gran coita sobeja
que [sofr’eu, ben-talhada].
Non é senon espanto,
u vos non vejo, quanto
ei, desej’e quebranto;
e por én vivo coitada
con aqueste mal tanto
que sofr’eu, [ben-talhada].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 596, V 199

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 95 [= LPGP 199]); Nunes (1973 [1928]: 47-48); Cohen (2003: 633); Littera (2016: I, 238).
II. Outras edicións: Moura (1847: 184-185); Monaci (1875: 78); Braga (1878: 40); Machado & Machado (1952: III, 232); Júdice (1997: 51); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Pimpão (1942: 75).

Variantes manuscritas


2 perço] ꝑco B   7 U quer] Viuer BV; sen] seu V   11 gran] g̃ra B

Variantes editoriais


En Nunes non se marca tipograficamente o v. 1 do refrán (intercalar).

7 U quer] Viver Lang   9 vós] vos Nunes, Cohen   10 e] om. Littera   14 vos] vós Lang   15 ei] eu Nunes

Paráfrase


(I) Meu amigo, onde eu estou nunca perdo o desexo senón cando vos vexo; e por iso vivo atormentada con este mal excesivo que sufro eu, ben feita.

(II) Onde queira que sen vós estea, sempre o meu corazón vos desexa até que vos vexa; e por iso vivo atormentada con esta coita excesiva que sufro eu, ben feita.

(III) Non é senón espanto canto teño cando vos non vexo, desexo e tristura; e por iso vivo atormentada con este mal tan grande que sufro eu, ben feita.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 6’a 6’a 6’a 6’B 6’a 6’B (cfr. RM 13:74)

Encontros vocálicos: 3-4 vejo;/e; 9-10 veja;/e; 15-16 quebranto;/e

Notas


Texto
  • 1

    A forma sejo, P1 de presente indicativo de seer, resultado da conxugación regular de sedēre neste tempo (sedeo, sedes etc.), compite desvantaxosamente cos resultados de sŭm (> son) e *sono (> so͂o, soo) (véxase Ferreiro 1999: §218b).A forma sejo, P1 de presente indicativo de seer, resultado da conxugación regular de sedēre neste tempo (sedeo, sedes etc.), compite desvantaxosamente cos resultados de sŭm (> son) e *sono (> so͂o, soo) (véxase Ferreiro 1999: §218b).

  • 4

    A medida do refrán é hexasilábica, manténdose a isometría da cantiga polas sucesivas episinalefas do primeiro verso: vejo‿/‿e (v. 4), veja;‿e (v. 10), quebranto;‿e (v. 16).

  • 7

    Parece indubitábel a existencia dun erro <q>/<i> na lección <Viuer> de BV (véxase Michaëlis 1895a: 531),  de modo que co aparecemento de u quer que a través da correspondente segmentación da secuencia o texto adquire o sentido que non ten na edición de Lang.

  • 8

    Nótese a presenza neste verso do provenzalismo cor, que compite con coraçon na lingua das cantigas.

  • 9

    O pronome vós, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.

  • 13-15

    A desnecesaria emenda de Nunes no v. 15 (eu desej’...) supón unha reinterpretación de desejo como forma verbal; mais a lección dos manuscritos é clara, para alén do hipérbato que se produce pola inclusión da frase parentética u vos non vejo no v. 14: «u vos non vejo non é senon espanto, desej’e quebranto, quanto ei».

  • 17

    O indefinido tanto, incompatíbel co demostrativo nunha mesma secuencia, neste verso é posíbel pola posposición ao substantivo.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado