652 [= RM 151,18]
Quando vos eu, meu amig’e meu ben

Quando vos eu, meu amig’e meu ben,
non posso veer, vedes que mi aven:
tenh’olh’e vej’, e non posso veer,
meu amigo, que mi possa prazer.
Quando vos eu con estes olhos meus
non posso veer, se mi valha Deus,
tenh’o[lh’e vej’, e non posso veer,
meu amigo, que mi possa prazer].
E non dorm’eu nen en preito non é
u vos eu non vejo, e, per bõa fe,
tenh’olh’e ve[j’, e non posso veer,
meu amigo, que mi possa prazer].
E os meus olhos, sen vós, que prol mi an,
pois non dorm’eu con eles, e de pran
tenh’o[lh’e vej’, e non posso veer,
meu amigo, que mi possa prazer?]
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 

Manuscritos


B 637, V 238

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 68 [= LPGP 946-947]); Cohena (2003: 122); Littera (2016: II, 544); Cohenb (2016b: 7).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 92); Braga (1878: 47); Machado & Machado (1952: III, 296-297).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 47-48); Torres (1977: 437).

Variantes manuscritas


3 tenh’olh’e vej’e] Genholhe ueie B : tenholhe uee V   7 Genho B   10 bõa] boa B   11 Genholhe B   14 pran] p̃ra B   15 Genho B

Variantes editoriais


3 tenh’olh’e] tenho e Nunes   4 amig’, o] amigo Nunes   7 tenh’olh’e] tenho e Nunes   8 amig’, o] amigo Nunes   9 en preito] enfinta Nunes   11 tenh’olh’e] tenho e Nunes   12 amig’, o] amigo Nunes   15 tenh’olh’e] tenho e Nunes   16 amig’, o] amigo Nunes

Paráfrase


(I) Cando eu, meu amigo e meu ben, non vos podo ver, vede o que me pasa: dou unha vista de ollos e vexo, mais non podo ver, meu amigo, (nada) que me poida agradar.

(II) Cando eu non vos podo ver con estes ollos meus, así Deus me valla, dou unha vista de ollos e vexo, mais non podo ver, meu amigo, (nada) que me poida agradar.

(III) E non durmo eu, iso nin está en cuestión, cando non vos vexo, e, abofé, dou unha vista de ollos e vexo, mais non podo ver, meu amigo, (nada) que me poida agradar.

(IV) E os meus ollos, sen vós, de que me valen, pois non durmo eu con eles e, certamente, dou unha vista de ollos e vexo, mais non podo ver, meu amigo, (nada) que me poida agradar.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10a 10B 10B (= RM 37:39)

Encontros vocálicos: 2 miaven; 10 vejo,e; 17 mian

Notas


Texto
  • 3

    Nunes interpreta deficientemente a lección dos manuscritos no primeiro verso do refrán, de modo que anula coa súa emenda a expresión verbal teer olho (‘dirixir os ollos a, ollar, observar’), felizmente restaurada na edición de Cohen, que aduce dous rexistros desta expresión na Demanda do Santo Graal

    ca diz que era i rico homem e fazia suas vodas mui grandes e teve olho polo paaço u siiam aas mesas e viu antre outros ũu homem que nom andava guisado de panos de voda (Nunes 1995: 131);

    E o cavaleiro teve olho pós si quando ouviu Tristam ir depós si, e estede, ca bem entendeu que nom ia senom per peleja (Nunes 1995: 283).

    Similar expresión comparece tamén na Historia Troiana

    Et os sacerdotes dos gregos encendendo alí o fogo [viron como viña hũa coobra, e sobío a árvore arrastrando fasta que] el[a] chegou ao niño, et os sacerdotes e os reis tevéronlle senpre o ollo por veer que faría (Pichel 2014: 1541).

    Eis outros dous rexistros de teer olho na Demanda do Santo Graal, xa citados por Cohen (2003: 122): 

    ca diz que era i rico homem e fazia suas vodas mui grandes e teve olho polo paaço u siiam aas mesas e viu antre outros ũu homem que nom andava guisado de panos de voda (Nunes 1995: 131); 

    E o cavaleiro teve olho pós si quando ouviu Tristam ir depós si, e estede, ca bem entendeu que nom ia senom per peleja (Nunes 1995: 283).

    Tamén se rexistra, cun significado algo diverxente (‘esperar’) na tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España: 

    El el rrey de Saragoça tĩjna ollo que llj dessem a vila (Lorenzo 1975: I, 490).

  • 9

    Na P1 do presente indicativo de dormir conviven os resultados dórmio (ou xa dôrmio?), máis conservador, xeral na lingua das cantigas, co máis evoluído dormo (tamén no v. 14 e mais en 1109.14), aínda sen a moderna vogal radical tónica /u/ que, xunto con /i/, é característica na P1 do presente de indicativo (e no presente de subxuntivo) dos verbos de terceira conxugación con alternancia vocálica.

    Nótese, de novo, a desnecesaria emenda de Nunes, que substitúe en preito para fixar un inexistente, neste contexto, enfinta.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado