I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 84); Minervini (1974: 53-54 [= LPGP 112]); Cohen (2003: 143); Littera (2016: I, 110-111).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 97); Braga (1878: 50-51); Machado & Machado (1952: III, 325).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 274); Oliveira & Machado (1959: 84-85); Álvarez Blázquez (1975: 185-186); Torres (1977: 204); Fiúza (1981: 21-22); Ferreira (1991: 81); Jensen (1992: 20); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 17); Magalhães (2007: 90).
3 moir’] moyro B 7 gran] g̃ra B 8 agora] agura BV 12 faça] faca B : faza V 13 agora] agura BV
3 moir’] moyro Minervini : moiro Cohen 8 agora] agura Minervini 9 tiv’en] tive en Nunes 13 agora] agura Minervini
(I) Nai fermosa, vin o meu amigo, non lle falei e púxenme a mal con el, e morro agora de amor por el; non lle falei, que o tratei con desprezo: eu morro, nai, de amor por el.
(II) Se eu o ofendín, con moita razón o hei de pagar, pois non lle falei, e morro agora de amor por el; non lle falei, que o tratei con desprezo: eu morro, nai, de amor por el.
(III) Nai fermosa, ídelle dicir que faga ben e me veña ver, e morro agora de amor por el; non lle falei, que o tratei con desprezo: eu morro, nai, de amor por el.
Esquema métrico: 3 x 10a 10a 10B 10B 10B (= RM 42:6)
Encontros vocálicos: 6 -mi͜-o-
Nótese o lapso de copia en B neste verso do refrán, que suporía, no caso de seguirmos a lección do Cancioneiro da Biblioteca Nacional, unha leve variación gráfica e métrica –con sinalefa– a respecto das restantes ocorrencias do estribillo; sorprendentemente, tanto Minervini como Cohen introducen esta variación textual do refrán (moiro agora vs. moir'agora).