684 [= RM 75,14]
Par Deus, amigo, nunca eu cuidei

Par Deus, amigo, nunca eu cuidei
que vos perdesse como vos perdi
por quen non parece melhor de mí
nen ar val máis; e tal queixum’end’ei
que direi, amigo, per bõa fe,
como parec’e seu nom’e quen é.
Se vos foss’eu por tal dona perder
que me vencess’oj’en parecer ben
ou en al que-quer, prazer-m’-ia én;
mais tan sen guisa o fostes fazer
que direi, amigo, per bõa fe,
[como parec’e seu nom’e quen é].
En toda ren que vos possa buscar
mal, buscar-vo-lo-ei mentr’eu viva for,
ca me leixastes por atal senhor
que ben vos digo, con este pesar,
que direi, amigo, [per bõa fe,
como parec’e seu nom’e quen é].
E, poi-lo eu disse[r], per bõa fe,
pesar-vos-á, pois souberen quen é.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 668, V 271

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 94-95 [= LPGP 493-494]); Cohen (2003: 155); Littera (2016: I, 570-571).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 103); Braga (1878: 52); Machado & Machado (1952: III, 342-343).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 319).

Variantes manuscritas


1 nunca] om. B   2 como vos] comeuo V; perdi] perdi(i) B   3 quen] q̅ B   5 bõa] boa B : bona V   9 prazer] praer V   14-15 mal buscaruoloey ment’u uyua for / (ment’u uyua for came lei) / came leixastes pe atal senhor V   19 bõa] bona V   20 quen] q̅ B

Variantes editoriais


2 como] come Nunes   4 queixum’] queixume Nunes

Paráfrase


(I) Por Deus, amigo, eu nunca pensei que vos perdería como vos perdín por quen non é máis fermosa ca min nin vale máis; e tal queixume teño por iso que direi, amigo, abofé, como é (o seu aspecto) e o seu nome e quen é.

(II) Se eu vos fose perder por unha dona tal que me vencese hoxe en beleza ou noutra cousa calquera, alegraríame por iso; mais fixéstelo tan sen xeito que direi, amigo, abofé, como é (o seu aspecto) e o seu nome e quen é.

(III) En todo o que eu vos poida buscar mal, héivolo buscar mentres estiver viva, porque me deixastes por tal señora que ben vos digo, co pesar que teño, que direi, amigo, abofé, como é (o seu aspecto) e o seu nome e quen é.

(1) E despois que o eu dixer, abofé que vos pesará, cando souberen quen é.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= RM 160:132)

Encontros vocálicos: 14 -lo͜-ei

Notas


Texto
  • 2

    Nótese, máis unha vez, a vacilación formal na conxunción como / come entre B e V, que explica a opción de Nunes pola lección do Cancioneiro da Vaticana.

  • 5

    A presenza de -n- na forma manuscrita <bona>, tamén no v. 19, é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/ (confirmada neste caso pola lección de B), o mesmo que noutras voces que se rexistran esporadicamente, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <dona> dõa, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b.

  • 9

    A locución indefinida al que-quer ‘outra cousa calquera’ (véxase tamén 141.12, 254.6) é a versión positiva de al ren (véxase nota a 72.21) ou al nada (véxase nota a 708.16). Cfr. nota a 24.23

  • 16

    A puntuación de Littera neste verso (que, ben vos digo, com este pesar / que direi...) parece suxerir que ben vos digo é unha expresión fraseolóxica (véxase Glosario, s.v. dizer), ao tempo que quebra a ligazón sintáctica de digo co seu CD que direi...

  • 19

    A pesar de que disse podería encaixar semanticamente na fiinda, o sentido aconsella a emenda para unha forma de futuro de subxuntivo, coherente na concordancia dos tempos coa súa introdución con pois e co verbo principal pesará en futuro: ‘E, depois que o eu dixer, pesaravos sen dúbida, após saberen quen é’. É por isto que tanto Nunes como Cohen ou Littera realizaron a corrección dos manuscritos. Cfr. nota 685.4.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado