I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 104-105 [= LPGP 527]); Cohen (2003: 165); Littera (2016: I, 609-610).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 111); Braga (1878: 54-55); Machado & Machado (1952: III, 354-355).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 283-284); Oliveira & Machado (1959: 93); Alvar & Beltrán (1989: 306); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 163); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 122); Arias Freixedo (2003: 533-534).
1 queixum’avedes] queieu maudes V 5 quan] quauj B 7 ameaçada] amea cada B 11 quan] ꝙ̄ V 16 mi] rih V 17 quan] ꝙ̄ V 20 vos] nꝯ B 23 quan] ꝙ̄ V
2 min] mi Nunes, Cohen, Littera
(I) Amigo, tedes queixa de min porque non falo convosco, e, polo que vos eu coñezo, non sabedes nada de canto mal, amigo, sufro se falardes comigo, (II) nin de como un día fun ameazada pola ida, que fun onda vós, e ferida: vós diso non sabedes nada, de canto mal, amigo, sufro se falardes comigo.
(III) Así que tiverdes noticias do moito e excesivo mal que me fan, se vos vexo, entón teredes aprecio de canto mal, amigo, sufro se falardes comigo.
(IV) Aínda que, se vós quixerdes que vos fale e que vos vexa, nin pensedes sequera que iso sexa posíbel se vós antes non tiverdes coñecemento de canto mal, amigo, sufro se falardes comigo.
Esquema métrico: 7’a 7’b 7’b 7’a 7’C 7’C (= RM 160:454)
Encontros vocálicos: 16 mi‿averedes
A expresión nominal nulha parte equivale a nada, como mostra o simétrico v. 10: nulha parte non sabedes - non sabedes vós én nada.
Fronte á posibilidade de considerar sintacticamente independentes as conxuncións e e mais pero, optamos pola locución conxuntiva de valor concesivo e pero ‘aínda que’, de uso regular ao longo de corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar por unha ou outra lectura.