I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 137-138 [= LPGP 668-669]); Cohen (2003: 203); Littera (2016: II, 155).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 127); Braga (1878: 61); Machado & Machado (1953: IV, 11).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 35).
17 faço] fazo V 19 rogar] roguar BV 20 Nostro Senhor] nr̄o (h) senhr B
6 amig’a] amiga [a] Nunes 8 amig’] amig[o] Nunes 14 amig’a] amiga [a] Nunes 16 amig’] amig[o] Nunes 22 amig’a] amiga [a] Nunes 24 amig’] amig[o] Nunes
(I) Xa que vos eu moito amo, amigo, e quero por vós facer canto me vós rogades, quero eu dicirvos e rogarvos unha cousa: que nunca vós, amigo, teñades un amigo a quen llo digades, nin eu quero ter unha amiga, meu amigo, a quen llo diga.
(II) Canto vós me quixerdes mandar que eu faga por vós, sabede ben que o farei, e vós facede por min o que vos quero rogar: que nunca vós, amigo, teñades un amigo a quen llo digades, nin eu quero ter unha amiga, meu amigo, a quen llo diga.
(III) Xa que eu vos dou tan gran mostra de amor que non quero mirar polo meu proveito, quérovos antes rogar moito, meu amigo, por Noso Señor, que nunca vós, amigo, teñades un amigo a quen llo digades, nin eu quero ter unha amiga, meu amigo, a quen llo diga.
Esquema métrico: 9a 9’b 9b 9a 8’C 7’C 8’D 7’D (I, III [= RM 168:4]) + 9a 8’b 8’b 9a 8’C 7’C 8’D 7’D (II [= RM 168:5])
Encontros vocálicos: 18 a·o
A edición de Nunes tentou nivelar metricamente esta cantiga, que presenta propositadamente unha combinación métrica comparábel á que achamos na cantiga 732, do mesmo trobador.
Obsérvese o erro interpretativo de Nunes, que o levou a converter o amigo encuberto no segundo verso do refrán (amig’a que o digades) nunha hipotética amiga. O refrán indica ben claramente a petición da amiga: que nunca el fale do seu amor con ningún amigo del, do mesmo modo que ela se compromete a non llo comunicar a ningunha amiga dela.