750 [= Tav 136,4]
Pois nossas madres van a San Simon

Pois nossas madres van a San Simon
de Val de Prados candeas queimar,
nós, as meninhas, punhemos d’andar
con nossas madres, e elas enton
queimen candeas por nós e por sí,
e nós, meninhas, bailaremos i.
Nossos amigos todos lá iran
por nos veer, e andaremos nós
bailand’ant’eles, fremosas, en cos;
e nossas madres, pois que ala van,
queimen candeas por nós e por sí,
e nós, meninhas, [bailaremos i].
Nossos amigos iran por cousir
como bailamos e poden veer
bailar [i] moças de bon parecer;
e nossas madres, pois lá queren ir,
queimen candeas por nós e por sí,
e nós, meninhas, [bailaremos i].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 735, V 336

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 153-154); Beltrami (1974: 107-108 [= LPGP 878-879]); Cohen (2003: 223); Littera (2016: II, 420-421).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 132); Braga (1878: 64); Machado & Machado (1953: IV, 35).
III. Antoloxías: Varnhagen (1872: 112-113); Pellegrini (1928: 26); Cidade (1941: 21); Nemésio (1961 [1949]: 167); Varela Jácome (1953: 40-41); Nunes (1959: 303-304); Oliveira & Machado (1959: 94); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 115-117); Spina (1972: 343); Álvarez Blázquez (1975: 145-146); Landeira Yrago (1975: 81); Torres (1977: 538); Reckert & Macedo (1980: 145); Fiúza (1981: 57-58); Dobarro Paz et alii (1987: 94-95); Ferreira (1988: 84); Pena (1990: 91); Ferreira (1991: 93-94); Jensen (1992: 344); Delgado León (1996: 59); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 221); Vallín (1999: 115); Arias Freixedo (2003: 803-804); Magalhães (2007: 94); Mongelli (2009: 125).

Variantes manuscritas


1 nossas madres van] uossas madres nam V   2 Val] nal V   3 meninhas] menimhas B : meniuhas V   4 nossas] uossas B   5 nós] uos B   6 nós] uos B   7 Nossos] Nossus V   8 vos] uꝯ BV   9 bailand’] haylaud V; en] nō B : om. V   11 por] pre V; nós] uos B   12 nós] uos B   17 nós] uos B   18 nós] uos B

Variantes editoriais


3 punhemos] punhemus Beltrami   6 bailaremos] baylaremus Beltrami   7 Nossos amigos todos] Nossus amigus todus Beltrami   8 andaremos] andaremus Beltrami   12 bailaremos] baylaremus Beltrami   13 Nossos amigos] Nossus amigus Beltrami   14 bailamos e poden] baylamus e poderan Beltrami   15 bailar [i] moças de bon] bailar moças de [mui] bon Nunes : bailar moças de + bon Beltrami   18 bailaremos] baylaremus Beltrami

Paráfrase


(I) Pois as nosas nais van a San Simón de Valdeprados queimar candeas, nós, as rapaciñas, dispoñámonos a facer o camiño coas nosas nais, e elas entón queimen candeas por nós e por si, e nós, meniñas, bailaremos alí.

(II) Os nosos amigos irán todos alá por vernos, e nós andaremos bailando ante eles, fermosas, en camisa; e nosas nais, xa que alá van, queimen candeas por nós e por si, e nós, meniñas, bailaremos alí.

(III) Os nosos amigos irán para apreciar como bailamos e alí poden ver bailar mozas de moita fermosura; e nosas nais, xa que alá queren ir, queimen candeas por nós e por si, e nós, meniñas, bailaremos alí.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:216)

Notas


Texto
  • 1-2

    A localización da ermida de San Simón de Val de Prados non é segura, pois pode referirse Valdeprados (Segovia, España), mais tamén a Vale de Prados, no concello de Macedo de Cavaleiros (Trás-os-Montes, Portugal).

  • 7

    Nótese a aparición da terminación gráfica <-us> na copia do Cancioneiro da Vaticana, códice en que é frecuente a aparición desta grafía, que se rexistra case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

  • 9

    A reiteración do sintagma en cos ‘sen manto, en roupa interior’ ao longo das cantigas (1013.4, 1316.8, 1338.13, 1352.14, 1388.13, 1627.6) xustifica a necesaria corrección das leccións de BV (<nō cos>, <en ø>), pola omisión de cos en V e o erro do Cancioneiro da Biblioteca Nacional, onde achamos a frecuente confusión <non>~<nō>/<no>, así como <no>/<en> (véxase 1300.17).

    Neste sentido, aínda que é frecuente que os apógrafos italianos delaten a súa estreita filiación en numerosos erros localizados nos mesmos lugares, debidos a un paso confuso no exemplar que lles serviu de modelo, neste caso parece que o copista do cancioneiro da Vaticana optou por omitir unha parte do texto que non foi quen de descifrar, mentres que o copista de B si transcribiu o texto. Isto é, non sería unha omisión involuntaria como tantas outras. Porén, non resulta doado dilucidar se xa o exemplar estaba errado e por iso o copista de V omitiu conscientemente o fragmento, que o copista de B si copiou, ou se por resultar case ilexíbel o copista de V non arriscou unha lectura mentres que o de B si o fixo, de forma errada.

  • 15

    O verso, tal como comparece en BV, é hipométrico: o adverbio i resolve a isometría (cfr., ademais, bailaremos i no segundo verso do refrán), ao tempo que confirma o sistemático acento na 4ª sílaba que a cantiga presenta en todos os versos.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado