770 [= Tav 70,12]
Chus mi tarda, mias donas, meu amigo

Chus mi tarda, mias donas, meu amigo,
que el migo posera,
e crece-m’end’ũa coita tan fera
que non ei o cor migo,
e jurei ja que, atá que o visse,
que nunca ren dormisse.
Quand’el ouv’a fazer a romaria
pôs-m’un dia talhado
que [o] visse, [e] non ven, mal pecado;
oje se compre o dia,
e jurei ja que, atá [que o visse,
que nunca ren dormisse].
Aquel dia que foi de mí partido
el mi jurou chorando
que verria, e pôs-mi praz’e quando;
ja o praz’é saido,
e jurei ja [que], atá [que o visse,
que nunca ren dormisse].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 753, V 356

Edicións


I. Edicións críticas: Nobiling (2007 [1907]: 97 [= LPGP 443-444]); Nunes (1973 [1928]: 169-170); Cohen (2003: 243); Littera (2016: I, 525-526).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 138); Braga (1878: 68); Machado & Machado (1953: IV, 62); Domingues (1992: 52); Cohen (1996: 14).
III. Antoloxías: Tavares (1961: 59); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 102); Magalhães (2007: 96).

Variantes manuscritas


3 crece] creze V   5 e jurei] Euj rey B : cui rey V   6 ren] ten V   7 romaria] tomaria V   10 oje se] oi\e/sse B   11 e jurei] cuirey V   15 verria] ueiria B; pôs] poys BV   17 e jurei] cuirey V

Variantes editoriais


9 que [o] visse] que vẽesse Nobiling : que veesse Nunes, Cohen, Littera   10 compre o] compr’o Cohen, Littera 

Paráfrase


(I) Máis me tarda o meu amigo, amigas, do que el acordara comigo, e créceme por iso unha coita tan forte que estou angustiada, e xurei que, até que o vise, nunca nada durmise.

(II) Cando el tivo que facer a romaría indicoume un día certo para que o vise, e non vén, infelizmente; hoxe cúmprese o día, e xurei que, até que o vise, nunca nada durmise.

(III) Aquel día en que se separou de min xuroume el chorando que viría, e púxome día e hora; e xa rematou o prazo, e xurei que, até que o vise, nunca nada durmise.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10’a 6’b 10’b 6’a 10’C 6’C (= Tav 160:285)

Encontros vocálicos: 10 compre‿o

Notas


Texto
  • 1

    O adverbio chus, procedente do lat. plūs, entrou en competencia con máis (< magĭs) e xa mostra o seu carácter regresivo na lingua trobadoresca, pois só se atesta, para alén desta cantiga (tamén nos vv. 13 e 15), noutras cinco composicións (6.7, 123.16, 492.23, 1400.20, 1439.10), con oito rexistros, por tanto, na lírica profana. Na lírica relixiosa, porén, é máis utilizado (véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.v.). 

  • 2

    O verbo poer (tamén nos vv. 8, 15) presenta con frecuencia, especialmente nas cantigas de amigo, o sentido de ‘acordar, estabelecer’ (véxase Glosario, s.v.).

  • 3

    Nótese a adxectivación da coita (fera), inédita no conxunto trobadoresco. 

  • 4

    A forma provenzalizante cor é de uso limitado na lingua trobadoresca, onde é dominante coraçon.

  • 6

    Obsérvese a repetición da conxunción completiva que tras unha frase parentética: e jurei ja que, atá que o visse, / que nunca ren dormisse. Véxase nota a 53.17-18.

  • 8

    O significado de talhado ‘certo, combinado’ responde a unha das acepcións do verbo talhar na lingua trobadoresca. Véxase, como exemplo, a mesma expresión nunha cantiga de amigo dionisina (606.1-6):

              Pera veer meu amigo,

              que talhou preito comigo,

               ala vou, madre.

              Pera veer meu amado,

              que mig’á preito talhado,

               ala vou, madre.

  • 9

    A emenda da deficiente lección dos manuscritos foi feita nunha diferente dirección nos anteriores editores, que coinciden na lección que veesse, e non ven, estabelecendo a presenza do verbo viir, semanticamente tamén posíbel, aínda que Nobiling xa suxire a lectura agora proposta.

  • 15

    O erro dos copistas (<poys> BV) pode verse noutras pasaxes trobadorescas, como, por exemplo, en 1537.1 (Pôs <Poys> B).

  • 16

    O motivo do prazo saído só aparece con esta formulación lingüística nunha cantiga de Don Denis (E oj’ést’o prazo saido!, 583.7; E oj’ést’o prazo passado!, 583.10).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado