826 [= Tav 117,4]
Eu velida non dormia

Eu velida non dormia,
lelia doura,
e meu amigo venia,
edoi lelia doura!
Non dormia e cuidava,
lelia doura,
e meu amigo chegava,
edoi lelia doura!
O meu amigo venia,
lelia doura,
e d’amor tan ben dizia,
edoi lelia doura!
O meu amigo chegava,
lelia doura,
e d’amor tan ben cantava,
edoi lelia doura!
Muito desejei, amigo,
lelia doura,
que vos tevesse comigo,
edoi lelia doura!
Muito desejei, amado,
lelia doura,
que vos tevess’a meu lado,
edoi lelia doura.
Leli leli, par Deus, leli,
lelia doura,
ben sei eu que non diz leli,
edoi lelia doura!
Ben sei eu que non diz leli,
lelia doura,
demo x’é quen non diz leli,
edoi lelia doura!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 

Manuscritos


B 829, V 415

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 213-214 [= LPGP 754]); Reali (1962: 182-183); Lopes (2002: 355-356); Cohen (2003: 287); Littera (2016: II, 268).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 156); Braga (1878: 78); Machado & Machado (1953: IV, 139-141).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 251-252); Pellegrini (1928: 28-29); Seoane (1941: 55-56); Fernández Pousa (1951: 54); Nunes (1959: 356); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 77); Álvarez Blázquez (1975: 60-61); Landeira Yrago (1975: 79); Torres (1977: 491-492); Dobarro Paz et alii (1987: 94); Alvar & Beltrán (1989: 169); Pena (1990: 151-152); Jensen (1992: 280-282); Alonso Girgado (1992: 74); Pena (1993: 91-92); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 194-195); Arias Freixedo (2003: 696-698); Alvar & Talens (2009: 422-424); Fidalgo (2009: 120-121); Mongelli (2009: 129-130); Souto Cabo (2017: 203).

Variantes manuscritas


2 dou(t)ra V   4 doura] doutra V   19 tevesse] tenesse V   21-24 om. V   26 lelia doura (ben se) V   31 leli] lelia BV

Variantes editoriais


4 edoi] ed oi Cohen   8 edoi] ed oi Cohen   9 O] E Nunes   12 edoi] ed oi Cohen   13 O] E Nunes   16 edoi] ed oi Cohen   19 vos] vós Reali   20 edoi] ed oi Cohen   23 vos] vós Reali; tevess’a] tevesse a Nunes : tevesse ao Reali   24 edoi] ed oi Cohen   27 que] que[n] Nunes, Cohen : quen Reali : quem Lopes : que[m] Littera   28 edoi] ed oi Cohen   29 que] que[n] Nunes, Cohen : quen Reali : quem Lopes : que[m] Littera   31 leli] lelia Reali, Lopes   32 edoi] ed oi Cohen

Paráfrase


(I) Eu fermosa non durmía, lelia doura [é a miña vez], e o meu amigo viña, edoi lelia doura! [e hoxe é a miña vez!].
(II) Non dormía e cavilaba, lelia doura [é a miña vez], e o meu amigo chegaba, edoi lelia doura! [e hoxe é a miña vez!].
(III) O meu amigo viña, lelia doura [é a miña vez], e de amor tan ben dicía, edoi lelia doura! [e hoxe é a miña vez!].
(IV) O meu amigo chegaba, lelia doura [é a miña vez], e de amor tan ben cantaba, edoi lelia doura! [e hoxe é a miña vez!].
(V) Moito desexei, amigo, lelia doura [é a miña vez], tervos comigo, edoi lelia doura! [e hoxe é a miña vez!].
(VI) Moito desexei, amado, lelia doura [é a miña vez], tervos ao meu lado, edoi lelia doura! [e hoxe é a miña vez!].
(VII) Leli leli [que noite eu tiven!], por Deus, leli [que noite eu tiven!], lelia doura [é a miña vez], eu ben sei que non di leli [que noite eu tiven!], edoi lelia doura! [e hoxe é a miña vez!].
(VIII) Ben sei eu que non di leli [que noite eu tiven!], lelia doura [é a miña vez], éche o demo quen non di leli [que noite eu tiven!], edoi lelia doura! [e hoxe é a miña vez!].

Métrica


Esquema métrico: 7a’ 4B’ 7a’ 7B’ (= Tav 57:6).
Encontros vocálicos: 2 le·li·a dou·ra; 4 e·do·i le·li·a dou·ra; 6 le·li·a dou·ra; e·do·i le·li·a dou·ra; 10 le·li·a dou·ra; 12 e·do·i le·li·a dou·ra; 14 le·li·a dou·ra; 16 e·do·i le·li·a dou·ra; 18 le·li·a dou·ra; 20 e·do·i le·li·a dou·ra; 22 le·li·a dou·ra; 24 e·do·i le·li·a dou·ra; 26 le·li·a dou·ra; 28 e·do·i le·li·a dou·ra; 30 le·li·a dou·ra; 32 e·do·i le·li·a dou·ra

Notas


Texto
  • *

    O refrán desta cantiga é obxecto de debate no relativo á súa interpretación. A partir da abondosa bibliografía existente, Cohen & Corriente (2002), partindo dunha lectura deste poema relacionándoo coa cantiga 825, tamén de Pedr’Eanes Solaz, interpretan o refrán como unha mestura de árabe e romance, lonxe de o considerar, como viña facendo a crítica, un ornamento onomatopeico do poema. Eis a sintética nota explicativa de Cohen na súa edición das cantigas de amigo: “lelia doura pode ser lido como líya ddáwra ‘a mim a vez (= é a minha vez)’ em árabe andalusí líya, um alomorfe de li ‘a mim,’ ‘para mim’, é foneticamente /leia/, e lelia pode ser ou um erro por leiia ou, mais plausivelmente, uma transcrição de líya (...). Ed oi é romance ibérico arcaico < et hodie com vocalização do -t- intervocálico no interior da expressão. Assim ed oi / mudança de código / líya ddáwra = ‘E hoje / mudança de código / é a minha vez’ – um verso bilingue, como ocorre em tantas kharajat”.

  • 9

    Nótese como este verso, que corresponde ao v. 3 (o mesmo que no v. 13 verbo do v. 7), cun leixa-pren despois abandonado na cantiga, presenta unha leve variación –anulada en Nunes– no elemento inicial (artigo vs. conxunción copulativa), cun proceso similar ao que se observa en certas mudanzas no refrán que se rexistran en múltiplas cantigas.
    Por outra parte, a forma verbal venia, como outras que se documentan con frecuencia nas cantigas de amigo, mostra a conservación de -n- intervocálico (manhana, fontana, Granada, avelana etc.), sen dúbida como elemento retórico arcaizante propio deste xénero (véxase Ferreiro 2008b), aínda que pode moi esporadicamente aparecer tamén noutro tipo de composicións (véxase 429.r8 e 473.4).

  • 17-24

    O carácter de vocativo de amigo (v. 17) e de amado (v. 21) non está marcado na edición de Nunes, que non estabelece a necesaria pausa sintáctica; dese modo, non condí coa presenza do pronome vos nos vv. 19 e 23, que esixen a presenza dun interlocutor.

  • 25

    No relativo ao elemento leli (tamén nos vv. 27, 29, 31), en palabras de Cohen, “pode ser lido em árabe andaluz como layli, o substantivo layl ‘noite’ com sufixo pronominal da primeira pessoa (...). ya layli é uma expressão comum que significa qualquer coisa como ‘que noite eu tive’. O primeiro elemento pode ser omitido por razões métricas ou para exprimir emoção intensa”.

     

Buscar
    Non se atopou ningún resultado