837 [= RM 114,10]
Mia filha, non ei eu prazer

Mia filha, non ei eu prazer
de que parecedes tan ben,
ca voss’amigo falar ven
convosc’, e ven[ho]-vos dizer
que nulha ren non creades
que vos diga: que sabiádes,
filha, ca perderedes i,
e pesar-mi-á de coraçon,
e ja Deus nunca mi perdon
se menç’, e digo-vos assi,
que nulha ren non creades
[que vos diga: que sabiádes],
filha, ca perderedes i,
e vedes que vos averra:
des quand’eu quiser, non sera;
[e] ora vos defend’aqui
que nulha ren [non creades
que vos diga: que sabiádes],
filha, ca perd[er]edes i
no voss’end’, e máis pesa a min.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 840, V 426

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 201-202); Cunha (1999 [1945]: 137-138); Monteagudo (1984: 357-358 [= LPGP 715-716]); Cohen (2003: 301); Littera (2016: II, 228).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 160); Braga (1878: 80-81); Cotarelo Valledor (1934: 214-215); Machado & Machado (1953: IV, 155-156); Corral Díaz & Vieira (2023: 121); Gutiérrez (2023: 31).

Variantes manuscritas


10 menç’, e] mēte BV   14 averra] aueira B   17 nulha] nuha B

Variantes editoriais


10 menç’, e] ment’e Cunha, Monteagudo   12 vos] uus Monteagudo   16 [e] ora vos defend’aqui] ora vos defend[o] aqui Nunes, Cunha : ora uos defend’aquí Monteagudo   17 non] no Nunes   18 vos] uus Monteagudo   20 no voss’end’, e máis pesa a min] no voss’, ende mais pes’a mi Nunes : no voss’, ende mays pes’a mim Cunha : no voss’, ende máys pes’a min Monteagudo : no voss’, e demais pesa a min Cohen, Littera

Paráfrase


(I) Miña filla, non me prace que sexades tan fermosa, pois o voso amigo vén falar convosco, e véñovos dicir que non creades nada que vos diga: sabede, (II) filla, que perderedes niso, e pesarame de corazón, e que Deus nunca me perdoe se minto, e dígovos así, que non creades nada que vos diga: sabede, (III) filla, pois perderedes niso, e vede o que vos acontecerá: se eu quixer, non ocorrerá, e aquí mesmo agora vos prohíbo que non creades nada que vos diga: sabede, (1) filla, que perderedes no voso por iso, e máis me pesa a min.

Métrica


Esquema métrico: 8a 8b 8b 8a 7’C 7’C + 8a 8a (= RM 160:404)

Encontros vocálicos: 6 sa·bi͜á·des; 8 -mi͜-a; 12 sa·bi͜á·des; 18 sa·bi͜á·des; 20 pesaa

Notas


Texto
  • *

    Esta composición é unha cantiga ateúda atá a fiinda, con ligazón sintáctico-discursiva entre todas as súas estrofas, incluída na relación de cantigas ateúdas confeccionada por Gonçalves (2016 [1993]: 269-270).

  • 4

    A lección <uen> de BV aparece neste verso moi probabelmente pola presenza da mesma forma no final do verso anterior; a súa emenda para ven[ho] é esixida pola primeira persoa do discurso, alén de pola métrica.

  • 6-7

    En Monteagudo, a ausencia de puntuación após diga (tamén nos vv. 12-13) parece converter sabiádes en verbo directamente dependente de diga, reinterpretando (parece) os ca dos vv. 7 e 13 como causais:

          ... e uén/ho/uos dizer
    que nulha ren non creades
    que uos diga que sabhades,
    filha; ca perderedes hi.

  • 9

    A expresión Deus nunca mi perdon aparece aquí integrada no discurso, a pesar do seu valor formulístico, igual que acontece con esta ou con outras fórmulas similares en diversas pasaxes trobadorescas (370.16, 388.17, 435.8-9, 808.3, 1225.4).

  • 10

    Nótese o lapso de Cunha e de Monteagudo, que non emendaron a lección <mēte> para estabelecer a necesaria P1 menç(o), do verbo mentir (menç’e), que nesta altura cronolóxica (século XIII) era plenamente irregular, tal como acontece con outros verbos similares (cfr. senço vs. sentes, perço vs. perdes etc.): mĕntĭō > menço (despois semirregularizada en minto). A lección <mēte> explícase pola secuencia dos erros <ç>→<c>→<t>, pois é tan frecuente a omisión da cedilla como a confusión <c>/<t>. É erro especialmente recorrente no Cancioneiro da Vaticana, mais tamén é compartido polo Cancioneiro da Biblioteca Nacional. Só a modo de exemplo, véxanse as seguintes formas: começar <cometar> BV (371.15), sença <senta> BV (725.17), faç’, a <faça> A, <fata> B, <faty> V (887.6), Clemenço <clemēto> B, <clemento> V (1218.1), moço <moto> BV (1334.7) etc.

  • 16

    O acrecentamento da conxunción e en posición inicial de verso está sustentado pola súa frecuente omisión por erro de copia, como mostran os abondosos casos en que algún dos manuscritos ofrece a lección correcta: A vs. B (65.29, 117.12, 165.10, 174.12 etc.), B vs. V (424.14, 1195.16 etc.), V vs. B (403.6, 1614.20 etc.). Noutros casos, a métrica e/ou o sentido indica que debe recuperarse a copulativa (véxase 6.14, 60.27, 103.18, 110.3 e 17, 230.5, 271.5 etc.). Cfr. nota a 42.15 e 274.19. Neste caso a súa integración, necesaria para a contaxe métrica, vén indicada polo paralelismo cos vv. 4 (estrofa I) e 10 (estrofa II):
              ..., e ven[ho]-vos dizer
              ..., e digo-vos assi
              [e] ora vos defend’aqui.

  • 19-20

    A emenda que se introduce no v. 19 (perd[er]edes) encontra a súa plena xustificación nos vv. 7 e 13 (iniciais das estrofas II-III), paralelos e idénticos a este. A falta que se verifica na lección manuscrita obedece a un erro de copista por omisión, quer de unha sílaba (haplografía), quer de un elemento abreviativo: perderedes (cfr. praz[er]ia en 808.r1, tamén de Charinho).

    Canto ao verso final da cantiga, optamos por non intervir na lección manuscrita e considerar a presenza do adverbio máis, a diferenza das precedentes edicións, que non segmentan a copulativa e interpretan mais como conxunción adversativa: Nunes e Cunha coinciden na proposta: no voss’, ende mais pes’a mi(n), o mesmo que Cohen e Littera, que estabelecen demais: no voss’, e demais pesa a min; só Monteagudo considera o advérbio máis, embora non segmente a oportuna copulativa en end’e.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado