I. Edicións críticas: Tavani (1993 [1963]: 90 [= LPGP 125-126]); Lapa (1970 [1965]: 115-116); Lopes (2002: 475); Littera (2016: I, 124).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 168-169); Braga (1878: 86); Michaëlis (1990 [1904]: II, 471); Machado & Machado (1953: IV, 202-203); Fernández Pousa (1954: 24); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 32-33).
III. Antoloxías: Varnhagen (1872: 18-20); De la Iglesia (1886: III, 34); López-Aydillo (1914: 51-52); Seoane (1941: 23-24); Nemésio (1961 [1949]: 147-148); Fernández Pousa (1951: 86-87); Nunes (1959: 409-410); Filgueira Valverde (1969: 20); Fonseca (1971: 56); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 91); Álvarez Blázquez (1975: 25); Landeira Yrago (1975: 123-124); Torres (1977: 447-448); Correia (1978: 210-212); Dobarro Paz et alii (1987: 67); Tavares & Miranda (1987: 10-11); Pena (1990: 280-281); Jensen (1992: 38); Pena (1993: 157-158); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 38); Diogo (1998: 213); Morán (1999: 29-30); [Morán Faga] (2001: 26-27); Mongelli (2009: 257); Souto Cabo (2017: 58).
1 mundo mengou] mu ndꝯ mengon V 3 e u por] et hu per V 4 todos] todes BV 6 podemos] podemus V; novas] uouas B 8 moesteiros] meesteyros V 10 busquedes] vꝯ q̅ des B : bꝯ q̅des V 12 morou] morō V 14 avemos] anemos B 16 que non] q̅ nō q̅ nō B 19 o abade [o]utros[s]i] obbade utºsy B : adbade uºtsy V 20 foss’i pousar] folly ꝑ ousar B 21 e] et V 22 seend’] seed V 23 chegaron] chegorō B : chegaro V; romeus] iro me ꝯ B 24 e] et V 25 caminh’] taminh B; errado] ẽ rado V 28 dela] deda V
6 podemos] podemus Tavani 7 irmaidade] irmãidade Lapa : irmãindade Lopes : irmaindade Littera 8 negrados] regrados Tavani, Lapa, Lopes 13 [nen sabemos u ela agora x’é] Lapa, Littera 19 [o]utros[s]i] outrosi Tavani 21 da [a]badia] d[est]a badia Tavani
(I) Porque no mundo minguou a verdade, un día empeñeime en ila buscar, e onde por ela fun preguntar todos dixeron: «Buscádea noutro lugar, pois de tal modo se perdeu que non podemos ter noticias dela nin anda xa na irmandade».
(II) Nos mosteiros dos frades de negro preguntei por ela, e dixéronme así: «Non busquedes vós a verdade aquí, pois moitos anos levamos pasados en que non morou connosco, certamente [...] e por outra cousa temos maiores preocupacións».
(III) E no Císter, onde sempre a verdade adoitaba morar, dixéronme que non moraba alí había moito tempo, nin frade de alí xa non a coñecía, nin tampouco o abade quería que fose alí na casa albergarse, e anda xa fóra da abadía.
(IV) En Santiago, estando albergado na miña pousada, chegaron uns romeus; pregunteilles e dixeron: «Por Deus, moi errado levades o camiño, pois, se a verdade quixerdes achar, convén buscar outro camiño, pois aquí non teñen noticia dela».
Esquema métrico: 4 x 10’a 10b 10b 10’a 10c 10c 10’a (= RM 161:124)
Encontros vocálicos: 7 ir·ma·i·da·de; 15 so·i·a; 19 abade‿[o]utros[s]i; 22 San·ti·a·go
Na lingua medieval rexístrase certa vacilación de resultados en vogais tónicas de grao medio trabadas por nasal, como acontece, por exemplo, en mingua, que concorre cunha variante minoritaria mengua (véxase nota a 11.17). E do mesmo xeito ocorre con minguar (< *mĭnuāre), forma maioritaria no corpus (e na lingua), que concorre con menguar (205.13, 1389.12, 1624.9), mais tamén con mingar (1415.30, 1527.14) e con mengar (tamén en 1551.13). Estas dúas variantes presentan perda de wau (1999 [1995]: §114b), que tamén se rexista nas correspondentes formas nominais minga (véxase CGPA, s.v.) e menga (véxase a súa presenza no «Glossario das Palavras portuguezas e castelhanas antiquadas ou raras» das obras de Sá de Miranda; Michaëlis 1989 [1885]: s.v.).
A secuencia <r-l> en que está implicada a forma arcaica la do pronome identificador no encontro cunha voz acabada en -r, infinitivos en xeral mais neste caso o adverbio alhur, debe ser lida como [l], independentemente de que a grafía presente a forma máis antiga (cfr. outras secuencias como «sennor»-la chamaria en 807.7). Cfr. nota a 5.10.
O verso de Airas Nunez lembra vagamente unha pasaxe das Cantigas de Santa Maria:
E disseron os diabos: “Mais vos, que razon avedes
d’ave-la? Ca senpr’est’ome fezo mal, como sabedes,
por que est’alma é nossa, e allur outra buscade” (CSM 45.49).
A grafía -us de V (<podemus>) aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.
Irmaidade ‘irmandade’ (< germanitātem) é ocorrencia única nas cantigas profanas e moi escasa na lingua medieval. No Corpus Galego-Portugués Antigo rexístrase irmandade como variante maioritaria (con diversas grafías: irmandade, hirmandade, yrmandade, jrmandade etc.), aínda que tamén aparece a variante máis arcaizante germandade, de que existe aínda a forma girmandade nun documento de Mens (Zapico Barbeito 2005a: “Glosario”, s.v. girmandade). No entanto, achamos só tres ocorrencias da variante con caída de -n- intervocálico, que contrasta coas maioritarias formas con perda de vogal pretónica:
Ley IIIIa quando do(us) moesteyros fossem aiũtados en hũũ segundo q(ua)l rregla deuẽ viuer Germaydade ou aiũtamẽto de do(us) moesteyros ou de duas eyg(re)ias podẽ faz(er) (Primeira Partida de Afonso X; cfr. CGPA, s.v.);
Aquella jrmaydade e parẽtesco he mais uerdadeyro que nõ he per ajũtamẽto de sangue mas per semelhança de bõõs custumes e ajuntamẽto dos coraçõões ẽna caridade de Jhesu Christo (Orto do Esposo; cfr. CGPA, s.v.);
Comẽ outrossi e beuẽ do que foy dado para o proues. E assi tornã a ermahydade, que foy ordinada para piedade, en gargantoyce (Livro das Confissões; cfr. Martin Perez 2012-2013: 193).
A lectura negrados foi proposta por Montero Santalla (2000: 493), e aceptada por Littera, como directa transcrición de <neg̃dos> de BV, emendada en regrados por todos os editores. Os frades negrados (ou negros) son os frades beneditinos ou bieitos, diferentes dos cistercienses (cfr. Cistel, v. 15), tamén chamados brancos, que seguen a mesma regra de San Bieito mais non son considerados beneditinos1
. Nas Cantigas de Santa Maria aparece un monge negral, denominación frecuente para estes freires:
Poy-la Virgen groriosa fez este miragr’atal,
que deu ao jograr dõa e converteu o negral
monge, dali adeante cad’an’un grand’estadal
lle trouxe a ssa eigreja o jograr que dit’avemos (CSM 8.48).
A lección <morō> de V mostra o erro <ō>~<on>/<ou> (derivado de <n>/<u>) que é moi frecuente ao longo dos cancioneiros, especialmente en B: <con simēt> cousiment’ (117.15), <guisō> guisou (501.3), <uō> vou (564.7), <ōsara> ousará (589.3), <pōco> pouco (591.9), <baratō> baratou (729.5), <em car nō> encarnou (877.21), <ōui> ouvi (1233.12), <ōny> ouvi (1458.7), <sōbe> soube (1505.1, 1509.7), <buscō> buscou (1507.7), <nōtro> noutro (1509.1), <sōba> soub’a (1509.16), <cōsa> cousa (1510.1). E en V tamén se encontra o mesmo erro: <tornō> tornou (603.15), <nō> vou (1012.20), <cōtre> voutre (1015.17).
O provenzalismo estar é ‘casa, vivenda, sede’ (cfr. ‘maison, demeure’ como significados da voz provenzal citada na edición crítica de Tavani). É voz rara na lingua medieval. Só achamos cinco ocorrencias en documentos galegos (véxase CGPA, s.v.):
Os que foron presentes: don Martino maestre dos frades, don Martin maestre do estar, don Pedro Paenz cellareyro, don Martin Eanes enffermeyro, frey Garçia servente de don abbade, Fernan Perez prelado de Coyras seu cappellam, Pedro Fernandez, Pero Domingez de Feylde, Domingo Novo, Johan Perez da [. . . ]taria (doc. de 1287);
Et en quanto vos non faserdes estas ditas herdades de vinas, que diades a terça das castanas a mesa do abade; et tragelas hedes per uosa custa a nosa casa do estar (doc. de 1395);
conuen a saber esto que vos asi damos a foro, çinco leyras de herdade de monte et de vina, que iazen a tras o muro do estar, que son da nosa mesa, segundo que as vos oora tẽẽdes a jur et a mãão (doc. de 1396);
per home do dito moesteiro, a o qual auedes de proueer de comer et de beber cumunalmente en quanto con vosco coller as nouidades, que Deus y der, et trageredes per uosa custa o noso quinon ãã nosa adega do estar (doc. de 1396);
o qual lebareys uos e vosas vozes por vosas custas a nosa adega do Estar (doc. de 1474);
Item da vistiaria C morabetinos. - Item da esmonlla C morabetinos. - Item de Partovia XL morabetinos. - Item da enfermaria XL morabetinos. - Item da samchristeylla XX morabetinos. - Item do estar XX morabetinos (doc. de 1476).
E aínda continuaba o seu uso en Portugal, en 1484, nun documento das visitações a mosteiros cistercienses:
E bem assy lhe cometemos que possa fazer os ofiçiaaes que pertençem a monjes E a frades barbatos asy como he sobprior Çellareiro bolsseiro samchristãao Cantor moor Meestre dos noujços enfermeiro sobradeiro meestre d adega e do forno e do estar (Gomes 1998: 187).
Neste verso rexístrase a estrutura verbal conviir + a + infinitivo, en liña coa necesaria presenza do nexo preposicional (a ou de) cando a forma conxugada de conviir vai seguida de infinitivo (véxase Glosario, s.v. conviir), de xeito que só está ausente o nexo cando o infinitivo vai anteposto: pois m’escolher conven (377.19), perfiar me conven! (1337.21), colher non conven (1679.8). Véxase nota a 3.17.
Cfr. o verso castelán «claustreros negrados, omnes sin arlotia» (Thomas Antonio Sanchez, Colección de poesías castellanas anteriores al siglo XV. Madrid: Por Don Antonio de Sancha, vol. II, p. 467).