I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 68 [= LPGP 75-76]); Lopes (2002: 90); Marcenaro (2015a: 50); Littera (2016: I, 30-31).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 199); Braga (1878: 106); Machado & Machado (1953: IV, 343); Gaspar Porras (1995: 54).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 59-60); Landeira Yrago (1975: 261); Tavares & Miranda (1987: 108); Marcenaro (2006: 154).
1 vedes] nedes V 2 meted[e] i] meredi B; femença] femenca BV 4 sair-mi a Carrion] sayr mar cairyon B 6 vos] uos BV 9 ou viuv[a] ou] ou uyo uou BV; solteira] solterya B 10 touquinegra] conqi neg̃ BV; monja] uīuga B : mūga V 11 per-] pe BV 12 mia] ma B 13 ajud’e] auide V 15 non] iō V; eu] en BV 16-19 om. V 18 en seu] enssen B
4 a] ar Marcenaro 5 dé] dê Lopes, Littera 7 trist[e] o] trist’o Lapa, Lopes, Littera : triste o Marcenaro 9 casad’é] casad[a] é Marcenaro 11 per-guardar] por guardar Marcenaro, Littera 14 nuncas] nunca Lopes, Littera; que] quen Lapa : quem Lopes, Littera 15 vos] vos’ Marcenaro 17 i] lhi Marcenaro
(I) Vede, meus amigos, como son as miñas xornadas, prestade atención: de Castro Urdiales a Burgos e de aí a Palencia, e de Palencia chegarme a Carrión de los Cones e de aí a Castro Urdiales; e que Deus me dea consello, pois vede unha cousa: aínda que vos semello ledo, o meu corazón anda moi triste.
(II) E a muller que así me fai andar é casada, ou viúva ou solteira, ou relixiosa toucada de negro ou monxa ou freira; e gárdese tamén quen se teña que gardar, porque eu certamente vos declaro a miña situación; e rogo a Deus que me axude e me valla e nunca valla a quen me busque mal.
(III) E eu non vos ouso dicir máis dela, de como [...] non hai alí tal que logo non [...] que na súa aparencia non [...]
Esquema métrico: 3 x 10a 9’b 10’b 10a 10’c 10’c 10a
Encontros vocálicos: 4 -mi‿a Ca·rri͜on; 5 Castro;‿e
Este verso presenta aparente hipometría (9’) fronte aos decasílabos, agudos e graves da estrofa; non obstante, o mesmo acontece co verso simétrico da estrofa II, feito que semella confirmar unha combinación métrica que, embora inusual, se pode localizar, por exemplo, na cantiga 1508 de Joan Garcia de Guilhade, que presenta nos terceiros versos de todas as estrofas unha sílaba menos. Véxanse situacións métricas similares tamén nas cantigas 1043, 1174, 1324 ou 1661.
Por outra banda, nas cantigas profanas, a voz femença ‘atención, aplicación’, procedente do lat. vehementiam, só se rexistra na frase verbal meter femença, isto é, ‘considerar, prestar atención’ (565.1, 1408.18). Cfr. tamén e meted’ y ben femença (CSM 344.9).
Nótese a concentración de topónimos casteláns do mesmo territorio próximo de Burgos: Castro (prob. Castro Urdiales), Burgos, Palencia, Carrión de los Condes).
A denominación touquinegra para unha freira, a partir da cor da súa vestimenta, era común na Idade Media, pois aparece –con variantes– en diversos textos notariais, para desaparecer xa no inicio do século XIV:
E renũza ele e seus irmanos iohan fernandez e Maria fernãdez e a touquinigra d’elueos sua irmana quanto herdamento é tantas boas o abbade e o cũuẽto de Melõ de don fernã suariz e de don Johã suariz agora tenen en iur e en poder se algúú dereyto y auiã (doc. de 1260; Souto Cabo 2008: 132).
E tamén em diversos documentos recolleitos no Corpus Galego-Portugués Antigo:
Cunuçuda cousa seya a quantos esta carta virem et oyrem que eu domna Sancha Fernandez, abadessa de Villa Nova de Deçom de suu con o convento desse meesmo lugar quitamos a vos Sancha Garsia, touquinegra de Villa Nova dese meesmo lugar, todo vosso erdamento que avedes et devedes a aver et as compras et as gaanças que y fecerdes (doc. de 1272);
Touquenegras: Tareia Suarez, Ta Rodriguez, T. Diat, Dona Esteueyna, Marina Rodriguez, Maria Pedreira, Orraca Sanchez, Eines Lourenza, Maria Rodriguez, Maria Fernandez, T. Rodriguez (doc. de 1274);
Et mando a Maria Iohannis touquinegra a mia colcha cardea... mias contas e a mia maiestade que aduxe de Seoane da Coua (doc. de 1280);
Testemoias: Tereiia Fernandez, Eluyra Nunez, Giumar Esteuez, touquinegras de Ramyraes (doc. de 1305);
Et mando a Mayor Lourença, miña filla, touquenegra de Sadur, o meu quiñón do herdamento que comprey con sua madre Mayor Garçía, que iaz no Barral da friguisía de Chamdeglesia (doc. de 1314).
Canto a monja, deberiamos preguntarnos se a interpretación certa non será munja (cfr. <uīuga> B, <mūga> V) tendo en conta a grande cantidade das variantes masculinas munge(s) e mũge(s) para alén das formas munga, mũga e mungya que localizamos en textos medievais (véxase CGPA, s.v.):
A primeira terça e. quanto eles en Lageosa. é én Gééstosa auian. e deuían auer. e esta escoleu. Martín Froyan. por si. e por sa Jrmáá Aínes periz. que e munga d’arouca. e deu. por escoler primeiro. ous outros irmáos. duzentos marauedis (doc. de 1269);
E se filhos lijdimos ouu(er) erdensse eno seu e se os nõ ouu(er) aya el rey a meyadade d(e) q(ua)nto ouu(er) e a out(ra) meyadade o moest(er)io donde fui mungya (Foro Real, 1280);
A IIIIa he se algũũ fere ou mete mãos hyradas como nõ deue en cl(er)igo ou ẽ mõge ou ẽ mũga ou enout(ro) homẽ ou molh(e)r de rreligiõ (Primeira Partida, 1350).
E tamén na tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España:
et o enperio [de] Enrrique, emperador de Rroma, en xviijto -, en esse ãno el rey dõ Sancho de Leom, con consello da rreyna dona Tareyia, sua moller, et de sua yrmaa, a jnfante dona Eluira, a mũia, enviou a dom Vallasco, o bispo de Leom, cõ peça de caualeyros [a] Abderrahme, rey de Cordoua, a firmar as pazes que ambos ouuerã et que lle enviasse o corpo de Sam Paayo que el marteyrara [...] Et dizem que sse manteue cõ sua madre, a rreyna dõna Tareyia; et guiauasse pelo consello dela et de sua tia dõna Eluira, a mũia, que dissemos ia [...] Et esta jnfante dona Tareyia, poys que foy cõ el rey dõ Afonso, seu yrmão, tomou auyto de mũia, ca nõ quiso outro, [et] esta uida fezo depoys.
Nótese como a partícula ar, preverbal, antecede o clítico cando este existe (e ar se guarde).
Por outra parte, como acontece noutras ocasións, a partícula perfectiva per- foi copiada nos apógrafos italianos como se fose a preposición por, tal como acontece tamén en BV, por exemplo, en 494.43 (per-retraudo), 952.13 (per-desasperar) ou 1489.58 (per-peideira). Neste sentido, están erradas as edicións de Marcenaro e de Littera, que transpoñen mecanicamente a preposición por.
Aínda que, en principio, ma (forma de B) é tamén unha forma correcta para o posesivo átono feminino (véxase nota a 104.18), débese advertir que, en xeral, a forma ma é produto dun erro de copia, como mostran as varias leccións <m\h/a> ou <m\h/as> dos apógrafos italianos: 599.13, 678.8, 966.8, 984.1, 1009.1, 1297.1. Para alén disto, en xeral esta variante ma(s) aparece só nun dos cancioneiros, fronte aos restantes testemuños manuscritos coa forma <mia> ou <mha>: B vs. A (190.r1 na estrofa II, 197.9), AB vs. V (403.14, 404.1), V vs. B (505.3, 506.13 e 21, 554.10, 556.9, 557.17, 604.r2, 605.4 e 10, 609.4, 625.1, 636.1, 794.9, 859.3, 887.5 e r1 nas estrofas I-III, 966.8, 992.3, 1000.16, 1002.r2 na estrofa III, 1165.r2 na estrofa I, 1453.4 e 7, 1457.3, 1459.r1 e r2 na estrofa II, 1468.1, 1469.2, 1470b.6, 1483.r), AV vs. B (887.5 e r1 nas estrofas I-III), e B vs. V (548.5, 632.1, 634.13, 645.9, 690.1, 1363.r2 na estrofa II).
A variante nuncas, con -s adverbial (véxase Ferreiro 1999 [1995]: §137c.1), é de uso moi restrito, pois só o achamos na cantiga 463, probabelmente mariana:
Falar quer’eu da senhor ben cousida
qual nuncas foi outra nen a de seer.
Na produción medieval só a localizamos nun documento de 1274 (cfr. CGPA, s.v.):
E que este preyto nuncas uena en dulta fazemos II cartas partidas por a. b. c.
A presenza de dela xunto coa moi frecuente confusión <n>/<u> nos manuscritos (cfr. en seu <eussen> B, no v. 18) facilita considerar eu en ous’eu neste verso.