I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 591 [= LPGP 972]); Littera (2016: II, 546-547).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 209); Braga (1878: 112); Carter (2007 [1941]: 173); Machado & Machado (1953: IV, 384-385); Arbor Aldea (2016b).
1 Des] Es A; quand’eu] quandheu B 2 lle] lhi BV; lle] lhi BV 3 lle] lhi BV 4 amigos] amigus V 5 leixei-ll’a] leixeyla V; terra] teira B; lle] lhi BV 6 viv’u] uyuo hu B : uiuo hu V 7 vos] uos A 8 m’eu] men V 10 ben] mui ben A 11 terra] tirā BV; lle] lhi BV 13 coraçon] coracon B 14 lle] lhi BV
7 vos] vos Michaëlis
(I) Des que eu entendín que á miña señora lle pesaba que a amase ou que morase onde lle dixese algunha cousa, vede, amigos, como deixei de facelo: abandonei a terra para non lle causar pesar, e vivo onde non podo vivir (II) senón coitado; e direivos aínda máis: embora eu viva en gran coita de amor, vede, amigos, que ben me gardei de lle non causar pesar á miña señora: abandonei a terra para non lle causar pesar, e vivo onde non podo vivir (III) senón coitado no meu corazón, porque me gardei de lle causar pesar; e, amigos, non me souben gardar diso por outra vía agás por esta: abandonei a terra para non lle causar pesar, e vivo onde non podo vivir.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:238)
Repárese en <amigus> coa terminación gráfica -us (<amigus> V) que é relativamente frecuente no Cancioneiro da Vaticana. Na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us (cfr. amig9 vv. 10 e 15).
A aparición de mui en A, que converte o verso en hipermétrico, mostra como se poden entremeter con certa frecuencia elementos –en xeral de reducido corpo gráfico-fónico– que deben ser omitidos no proceso de fixación textual. Para a intromisión espuria de mui véxase B vs. A (65.1, 257.1), A vs. B (369.3), BV vs. A (417.15), B vs. V (423.17, 810.14), así como 812.14 ou 995.5.