1306 [= RM 67,1]
A Far[o] un dia

A Far[o] un dia
irei, madre, se vos prouguer,
rogar se verria
meu amigo, que mi ben quer,
e direi-lh’eu enton
a coita do meu coraçon.
Muito per-desej’eu
que veesse meu amigo,
que m’estas penas deu,
e que falasse comigo,
e direi-lh’eu enton
[a coita do meu coraçon].
Se s’el nembrar quiser
como fiquei namorada
e se cedo veer
e o vir eu, ben-talhada,
e direi-lh’eu enton
[a coita do meu coraçon].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1290, V 895

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 448 [= LPGP 432]); Cohen (2003: 524); Littera (2016: I, 501).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 304); Braga (1878: 167); Machado & Machado (1958: VI, 12); García (2001: 53); Montero Santalha (2004); Vázquez García (2016: 166).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 310); Álvarez Blázquez (1975: 148-149); Landeira Yrago (1975: 164).

Variantes manuscritas


3 verria] ueiria B   7 coraçon] coracon B   15 veer] ue\h/er B

Variantes editoriais


En Cohen e Littera os catro versos do corpo da estrofa estrutúranse en dous versos longos de 14 sílabas.

1-2 A Far[o] un dia / irei, madre, se vos prouguer] A Far’un dia irei / [eu, mia] madre, se vos prouguer Nunes   3 verria] veerei Nunes   7 desej’eu] desejei Cohen

Paráfrase


(I) A Faro irei un día, madre, se vos prouguer, rogar que veña o meu amigo, que me ama, e direille eu entón a coita do meu corazón.

(II) Moito desexo eu que viñese o meu amigo, que estas penas me deu, e que falase comigo, e direille eu entón a coita do meu corazón.

(III) Se el se quixese lembrar de como fiquei namorada e se viñese logo e eu, fermosa, o vise, fermosa, direille eu entón a coita do meu corazón.

Métrica


Esquema métrico: 5’a 8b 5’a 8b 6C 8C (I [= RM 99:78]) + 6a 7’b 6a 7’b 6C 8C (II-III [= RM 99:79])

Notas


Texto
  • *

    Nótese a complexidade métrica da composición, con dous esquemas diferentes e coas equivalencias métricas derivadas da lei de Mussafia. En calquera caso, Nunes segmentou erradamente o v. 1:
              A Far'un dia irei
              [eu, mia] madre, se vos prouguer,
              rogar se veerei
              meu amigo, que mi ben quer, / ...

    Após Nunes, as edicións de Cohen e Littera formalizan a presentación da cantiga con dous versos longos antes do refrán. No entanto, e como noutros casos, aplicamos o principio da rima como elemento vertebrador do texto.

  • 1

    Faro refírese á ermida de Santa María do Faro, en Chantada, Lugo.

  • 7

    A lectura de Cohen (desejei vs. desej’eu) non ten apoio textual nos manuscritos.

  • 17

    Como acontece noutras pasaxes similares, a copulativa inicial do refrán da estrofa III é expletiva por causa da construción sintáctica do corpo desta estrofa, de modo que direi ten de ser o verbo principal de todo o período.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado